As persoas socias dos Espazos+60 van de BALNEARIO AUGAS SANTAS, apúntaste?

PRAZAS CUBERTAS, se cubres o formulario quedarás anotado en lista de agarda. Abrimos unha segunda quenda do 2 ao 7 de decembro. Apúntate cubrindo o formulario
As persoas socias dos Espazos +60 de Afundación van de balneario, co Programa de Termalismo, ao balneario Augas Santas, Pantón (Lugo).
O prezo inclúe:
- Estancia de 6 días e 5 noites no Balneario de Augas Santas
- Desprazamento de ida e volta desde e ata os Espazos +60 onde haxa persoas socias inscritas
- Réxime de pensión completa tipo bufete cunha bebida. Cóctel de benvida. Xantar incluído o día de entrada e o de saída
- Circuíto termal, 3 técnicas termais de balneario (estufa húmeda, pediluvio e ducha termal)
- Visita a Monforte, excursión ao miradoiro do Duque + tren turístico + bodega, visita ao museo de Arxeriz e camiñada e visita ao mosteiro cisterciense de Ferreira de Pantón.
- Cea especial de despedida con actuación musical
- Cancelación gratuíta ata o 15 de novembro
- Un acompañante de Afundación
Prezos:
- Prezo socio Abanca habitación dobre: 595€/persoa
- Prezo socio habitación dobre: 655€/persoa
- Suplemento habitación individual: 175€
Forma de pagamento:
- Entre o 1 e o 5 de novembro: 350€, facendo unha transferencia a BALNEARIO AUGAS SANTAS. Nº conta ES58-2080-5252-9130-4027-0106. Concepto: Grupo Afundación e nome e apelidos da persoa
- Antes do 15 de novembro: 245€ (persoa socia Abanca); 305€ (persoa socia) + suplemento habitación individual (175€)
Formulario de inscrición (os asentos do autobús asignaranse por orde de inscrición) O prazo de inscrición abrirase o 14 de outubro, ás 10.00 horas. Cancelación gratuíta ata o 15 de novembro.