Adiós, Arturo. A nova obra de La Cubana en Vigo
Do 26 ao 28 de setembro volvemos ao teatro coa compañía La Cubana, que trae ao Teatro Afundación de Vigo a súa última obra Adiós, Arturo, unha atolada comedia que che sacará ata a última gargallada. Haberá moitas sorpresas e o público poderá participar deste divertido espectáculo.
Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com
Adiós, Arturo é un canto á vida e demostra como hai que vivila intensamente, deixando en evidencia todas as convencións sociais que dificultan o podelo facer.
O loro Ernesto é o gran protagonista desta comedia en que se relata dun xeito arroutado e cómico a preparación do funeral do polifacético artista Arturo Cirera, falecido aos 101 anos de idade. O público coñecerá o verdadeiro «guión da vida» deste coñecidísimo escritor, pintor, escultor, coleccionista de arte, poeta, compositor musical, dramaturgo, actor e director recoñecido internacionalmente.
A musa inspirativa desta nova produción é a que desde a propia compañía cualifican como «un rico pozo sen fondo»: o teatro. O teatro que a xente realiza na súa vida cotiá e pasa inadvertido como teatro; ese teatro que hai na rúa, nos mercados, nos traballos, na familia, coas amizades ou en festas, vodas, comuñóns e enterros, onde a xente adoita despregar todo o seu potencial interpretativo.