Xornada Inaugural da Cátedra ABANCA AFUNDACIÓN/ICADE Lonxevidade, Economía e Sociedade. “Retos e oportunidades da lonxevidade"

Con motivo do Día Internacional das Persoas maiores que se celebra o 1 de outubro, a Cátedra ABANCA/AFUNDACIÓN/ICADE Lonxevidade, Economía e Sociedade celebra a súa xornada inaugural "Retos e oportunidades da lonxevidade".
O rector da Universidade de Comillas, Enrique Sanz Giménez-Rico. SJ., e o conselleiro delegado de Abanca e patrono de Afundación, Francisco Botas Ratera, abrirán esta xornada.
A ponencia inaugural sobre "La filosofía de la vida y la dignidad de la vejez" correrá a cargo de Miguel Grande Yáñez, á que seguirá unha mesa redonda na que se abordarán diferentes retos relacionados coa revolución da lonxevidade que están sendo obxeto de traballo da cátedra.
A cátedra creouse en 2022 coa pretensión de convertirse nun foro de estudio, investigación e debate sobre todas as materias que podan ter unha incidencia nunha mellor comprensión dos retos e oportunidades que como sociedade se nos presentan ante o aumento da lonxevidade.