Xornada +60 sobre nutrición saudable, Espazo +60 Vigo

A Fundación Cetmar - Centro Tecnolóxico do Mar, que participa no proxeto Seafood Age, e Afundación organizan esta xornada informativa e demostrativa sobre alimentación saudable específicamente deseñada para maiores de 65 anos na Sede Afundación de Vigo.
Seafood Age é un Proxeto Interreg de Cooperación Territorial no que participan, entre outras, entidades como o CSIC, Technopole, Universidade de Lancaster... Este proxeto abarca toda a cadena de valor alimentaria, desde a pesca ata o envasado e o etiquetado do producto e ten como obxetivo a elaboración de alimentos de orixe mariño orientados a un envellecemento saudable.
A xornada consta dunha primeira parte informativa sobre nutrición que impartirá o Dr. Manuel Penín (facultativo no CHUVI e docente do Máster en Nutrición da Universidade de Vigo) e unha segunda parte na que se presentará aos socios dos Espazos +60 de Pontevedra e Vigo un produto saudable desenvolvido no marco deste proxeto para a súa evaluación individual e grupal.
Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria CULTURA POR ALIMENTOS que levamos a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Colabora, achegando a túa doazón de alimentos non perecedoiros cando veñas ver á actividade.
Actividade gratuíta. Prazas limitadas. Apúntate no teu Espazo +60 ou chamando ao 986 120 071 se es soci@ de Vigó ou ao 986 864 185, se es soci@ de Pontevedra!!