Homenaxe a Alejandro de la Sota con Josep Colom. Pontevedra
Concerto en homenaxe a Alejandro de la Sota, un dos mestres da arquitectura española do século XX, orixinario da cidade do Lérez. Encargarase do recital o destacado pianista Josep Colom, ademais amigo persoal do homenaxeado. Será o 26 de outubro no Café Moderno Afundación de Pontevedra.
Esgotadas as invitacións.
PROGRAMA
Bach
5 invencións a dúas e tres voces
Mozart
Sonata “fácil” en do maior K555
Variacións sobre “ Je vous dirai maman”
Beethoven
Sonata en do menor op. 111
Maestoso-Allegro con brio ed appassionato
Arietta: Adagio molto semplice e cantabile
Josep Colom participou en numerosos concursos nacionais e internacionais, recibindo o primeiro premio no Concurso Internacional de Piano de Santander Paloma O' Shea, no Concurso Internacional de Piano Premio Xaén e no Concurso Epinal en Francia. Tamén foi cuarto premio no Concurso Internacional de piano Ferruccio Busoni, a Radio Nacional de España entregoulle o Beethoven e Scriabin, e tamén obtivo o Premio do Ministerio de Cultura de España polas gravacións das sonatas completas de Manuel Blasco de Nebra ( s. XVIII) para Etnos.
Ao longo da súa traxectoria participou en orquestras coma a Nacional de España, Orquestra Sinfónica de RTVE, Orquestra Cidade de Granada, Real Orquestra Sinfónica de Sevilla, Orquestra Filarmónica de Málaga, Orquestra Sinfónica de Galicia, entre outras, e en orquestras internacionais como a English Chamber Orchestra, Orquestra de Maastricht (Países Baixos), de Bucarest (Romanía), RAI (Nápoles), de Gulbenkian e Porto (Portugal), Orquestra Sinfónica da Radio de Praga, Orquestra Filharmónica de Estrasburgo (Francia), Orquestra Sinfónica de Bamberg (Alemaña) e a Orquestra Filharmónica de Zagreb (Croacia).
Compartiu escenario con directores do talle de Max Bragado Darman, Edmon Colomer, Sergiu Comissiona, Franz-Paul Decker, Enrique García Asensio, Alexander Gibson, Eliahu Inbal, Arpad Joó e Josep Pons, entre moitos outros.
En 1989 gravou as obras completas de Manuel de Falla. Ademais das obras de piano a catro mans para dous pianos de Brahms que gravou xunto a Carmen Deleito, tamén gravou os concertos nº 1 e 2 do mesmo compositor coa Orquestra Nacional da Radio de Praga. A súa discografía abrangue autores como Johannes Brahms, Federico Mompou ou Manuel de Falla.