• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición HÉCTOR FRANCESCH. Cadros que nunca pintei, na Coruña

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición HÉCTOR FRANCESCH. Cadros que nunca pintei, na Coruña
  • 17-10-2024 25-01-2025 Exposición HÉCTOR FRANCESCH. Cadros que nunca pintei, na Coruña Ven explorar canda nós o fascinante mundo máxico do artista Héctor Francesch Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    17 OUT 2024 A 25 XAN 2025

     

    Derradeiras VISITAS GUIADAS con Héctor Francesch! 

    21 e 25 XAN 2025

  • Horario:

    LUNS a VENRES | 17.00 a 21.00 h

    SÁBADOS e FESTIVOS | 12.00 a 14.00 h e 17.00 a 21.00 h

    DOMINGOS | 11.00 a 14.00 h  (incluído domingo, 8 DEC)

    24, 25, 31 DEC, 1 e 6 XAN | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

Unha potente mostra sobre arte contemporánea está na Sede Afundación A Coruña desde o 17 de outubro ao 25 de xaneiro de 2025. Non perdas a oportunidade de coñecer a obra do artista Héctor Francesch a través desta escolma, CADROS QUE NUNCA PINTEI. Gózaa no Cantón herculino. 

 

Derradeiras VISITAS GUIADAS con Héctor Francesch! 

martes 21 XAN | 19.00 h

sábado 25 XAN | 12.30 h

RESERVA PRAZA AQUÍ

 

Comisariado | MATILDE RODRÍGUEZ

 

Unha mostra do proxecto CULTURA POR ALIMENTOS, o noso programa solidario en colaboración con FESBAL para axudar os bancos de alimentos locais. Asiste coa túa doazón!

Máis información.

 

CADROS QUE NUNCA PINTEI convídanos a explorar o fascinante mundo máxico de Héctor Francesch, onde as cores e as formas se entrelazan nunha danza de posibilidades infinitas. Unha nova serie que se configura coma unha viaxe ao interior da mente creativa, establecendo un percorrido polos símbolos, lugares e personaxes que moran na súa imaxinación. 

A arte soñada e os propios anhelos creativos do pintor son a premisa de partida. Francesch compártenos a súa vivencia de soñar esperto, onde as ideas flúen libres, as composicións resólvense na súa mente e a selección de cores e materiais xorde dun estado de pura intuición. Este proceso de visualización convértese nunha forma de arte en si mesma, un acto introspectivo que lle permite explorar o seu propio universo persoal e os sentimentos que o habitan. "O mundo que pinto mentalmente, ás veces son quen de convertelo en realidade plástica, unha realidade caprichosa feita á miña maneira, que xorde da emoción para converterse nunha filosofía ca única ansia de ver un mundo máis amable, xusto e no que todo é posible". 

Unha mostra cunha clara vertente expandida no seu aspecto formal, que experimenta con materiais e formatos sen abandonar o seu particular enfoque gráfico no que combina ingredientes da arte urbana, o deseño e a ilustración, propios da súa formación. Establece así un xogo co que busca simplificar os elementos ao máximo, estilizando os obxectos ata crear pezas abstractas que destacan pola limpeza das composicións con cores vibrantes e liñas definidas. 

En CADROS QUE NUNCA PINTEI, Héctor Francesch abre un espazo, un lugar común, onde a arte acaba mesturándose de maneira inevitable coa súa vida cotiá, coa súa contorna e os compoñentes que a conforman. Unha serie que se erixe coma unha meditación profunda sobre o proceso de creación, que busca indagar, á súa vez, na esencia mesma do que significa o ser humano: a capacidade de soñar, de desexar e de crear. 

Matilde Rodríguez, comisaria da exposición.

  

Ao longo da súa traxectoria creativa, Héctor Francesch (A Coruña, 1977) asinou unha obra plástica cun orixinal e recoñecible estilo; unha linguaxe visual única na que observamos unha gran riqueza de referentes da banda deseñada, a arte urbana ou a cultura popular. 

Desde a súa primeira mostra no ano 1998 na Coruña, a súa obra ten formado parte de múltiples certames, como a IX Mostra Unión Fenosa, o Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo no que a súa obra foi adquirida en varias ocasións. Ademais, ten participado en feiras coma ArtMadrid ou Swab Barcelona e exposicións nacionais e internacionais, en Europa e América.

As creacións de Héctor Francesch forman parte dalgunhas das mellores coleccións de arte de Galicia e de España, entre as que se encontra a Colección de Arte de Afundación, que atesoura obras de Francesch desde fai 19 anos.

Aproveita para visitares a axenda web e saber de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes e tamén na nosa ticketeira Ataquilla.com para outras actividades escénicas.

HÉCTOR FRANCESCH. CADROS QUE NUNCA PINTEI
HÉCTOR FRANCESCH. CADROS QUE NUNCA PINTEI
HÉCTOR FRANCESCH. CADROS QUE NUNCA PINTEI
HÉCTOR FRANCESCH. CADROS QUE NUNCA PINTEI
HÉCTOR FRANCESCH. CADROS QUE NUNCA PINTEI
HÉCTOR FRANCESCH. CADROS QUE NUNCA PINTEI
HÉCTOR FRANCESCH. CADROS QUE NUNCA PINTEI
HÉCTOR FRANCESCH. CADROS QUE NUNCA PINTEI
HÉCTOR FRANCESCH. CADROS QUE NUNCA PINTEI
HÉCTOR FRANCESCH. CADROS QUE NUNCA PINTEI
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078