Conferencia con XIMO LIZANA «Ao futuro non se vai, o futuro créase», na Coruña
Nova conferencia do ciclo EDUCACIÓN S. XXI a cargo de Ximo Lizana, profesor e investigador da Universidade Europea, ex director artístico de ARCO e Premio Nacional (AECA) de arte contemporánea en España e Alemaña, será o encargado de realizar unha análise do contexto actual relativo á transformación dixital desde a óptica da intelixencia artificial, a súa especialidade, e a ciberseguridade.
Unha proposta que presenta desde a perspectiva da súa traxectoria persoal que comezou en mundo da creación artística dixital vinculada á robótica e os hologramas ata chegar ao seu labor actual, como CEO de NxtFluencers e especialista en Brandesd Content Tecnolóxico.
Tamén podes seguila en Afundación TV
CICLO EDUCACIÓN S. XXI
Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre Educación a toda a comunidade escolar, desde as familias ao propio estudantado e, por suposto, ao equipo docente. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios nas distintas cidades galegas, ofrecendo o seu enfoque profesional para apoiar a educación desde a casa e desde a escola.
MÁIS INFO AQUÍ.