Festival de fin de curso, Espazo +60 Lugo
Como cada final de curso, o Espazo +60 Afundación de Lugo realiza un festival, na sede de Afundación, no que poderemos gozar das coreografías da clase de baile latino e da actuación do grupo de canto tradicional e pandeiretas.
O festival servirá tamén para destacar o labor do voluntariado que, durante este curso, participou como formador no centro ou como parte dos proxectos interxeracionais que está a desenvolver Afundación na cidade.
Esperamos que poidades compartir con nós este día de festa.