• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Oriana Méndez gaña o XVIII PREMIO DE POESÍA AFUNDACIÓN

Cultura Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
{evento-titulo_ga}
  • 29-09-2020 31-12-2020 Oriana Méndez gaña o XVIII PREMIO DE POESÍA AFUNDACIÓN A autora viguesa leva o galardón con "Interna", obra que se caracteriza por unha voz feminina a través de versos depurados e conmovedores Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • Entrada:

    Gratuíta

«A obra gañadora caracterízase por unha voz feminina que mantén un ritmo sostido a través de versos depurados e conmovedores cheos de autenticidade e reveladores dos espazos máis privados do eu. Afloran, con precisión léxica, vivencias esenciais e significativas que se manteñen coma unha memoria vivida en diálogo permanente con outras voces e referentes [...] a eufonía duns versos que incitan a unha lectura en voz alta enunciados cun gran dominio dos recursos da oralidade». En palabras do xurado, a obra Interna de Oriana Méndez. 

 

As escritoras Marica Campo, Eulalia Agrelo Costas, e o xornalista César Lorenzo Gil; Xabier Castro Martínez, escritor e secretario do xurado; e Luis González Tosar, presidente do Centro PEN de Galicia e asemade deste xurado, foron as persoas encargadas neste XVIII Premio de Poesía Afundación de resolver o fallo de entre un total de 27 traballos inéditos. 

 

ORIANA MÉNDEZ

Vigo (1984). Licenciada en Filoloxía Galega pola USC, o seu labor poético comezou no ano 2000 na revista cultural A Caramuxa, de Noia. A esa intervención seguiranlle colaboracións en publicacións colectivas de grupos como Burla Negra, e na revista Mealibra, así como en numerosos recitais poéticos, encontros e proxectos de acción poética, como «A revolta das letras».

No ano 2003 colaborou na elaboración do libro Xuro que nunca volverei pasar fame publicado por Redes Escarlata. En 2014 gaña o Premio de poesía Concello de Carral co poemario O que precede a caída é branco e en 2019 o premio do quinto certame de poesía Rosalía de Castro de Padrón coa súa obra O corazón pronúnciase extenso. Autora dos poemarios Derradeiras conversas co Capitán Kraft (2007), Cero (2011), O que precede a caída é branco (2015) e O
corazón pronúnciase extenso (2019), colabora tamén en diversas obras colectvas.

 
O Premio de Poesía Afundación implica a publicación do libro na colección «Arte de trobar» e unha dotación económica de 6000 euros. Comezou o seu percorrido no ano 2002 a instancias do PEN Club de Galicia e de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Vale Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa, Gonzalo Hermo ou Miguel Sande, gañador da anterior convocatoria.

 

O premio, que celebra a súa décimo oitava edición, conta co apoio e a participación da Xunta de Galicia, cuxa implicación garante a súa estabilidade e contribúe a preservar esta cita de referencia na axenda cultural galega, á vez que estimula a creación literaria. Afundación e o Centro PEN de Galicia, tras case dúas décadas de implicación e compromiso coa poesía e coa literatura galega, continúan traballando por un xénero indispensable que, aínda que minoritario, serve de alicerce para a consolidación da renovación estética e para a normalización da lingua galega.

Premio de Poesía Afundación
Premio de Poesía Afundación
Oriana Méndez
Oriana Méndez
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078