Faladoiro sobre a oceanógrafa ferrolá Ángeles Alvariño, Espazo +60 Ferrol

O faladoiro do mes de maio do Espazo +60 Afundación de Ferrol tratará sobre a oceanógrafa, zoóloga e profesora ferrolá Ángeles Alvariño. Naceu na localidade de Serantes, realizou os seus primeiros estudos en Ferrol e o bacharelato, no instituto Concepción Arenal na mesma cidade. Precursora na investigación oceanográfica mundial, en 1953-54 foi a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico, o Sarsia. A partir de 1956 realizou as súas investigacións en Estados Unidos. Descubriu 22 especies de organismos mariños. Foi a figura elixida en 2015 pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para celebrar o 1 de xuño o «Día da Ciencia en Galicia», no que por primeira vez homenaxeouse a unha muller investigadora.
Actividade gratuíta. Apúntate no Espazo +60 antes do 4 de maio.