Faladoiro sobre o militar, científico e político ferrolán Frutos Saavedra Meneses, Espazo +60 Ferrol

O Espazo +60 Afundación de Ferrol comeza o ano co faladoiro de Frutos Saavedra Meneses, militar, científico e político ferrolán. Era fillo de Antonio Saavedra, propietario dunha facenda de Pontedeume e María Candelaria Meneses. Home de vasta cultura, viaxou por Francia, Alemaña, Bélxica, Países Baixos e Gran Bretaña.
Actividade gratuíta. Apúntate no Espazo +60 antes do 9 de xaneiro.