• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición TERESA BERGANZA. O gardarroupa da música, en Santiago de Compostela

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición TERESA BERGANZA. O gardarroupa da música, en Santiago de Compostela
  • 12-06-2024 17-08-2024 Exposición TERESA BERGANZA. O gardarroupa da música, en Santiago de Compostela A recoñecida mezzosoprano madrileña chega agora ás nosas salas de exposicións con motivo da súa referencial vinculación coa alta costura. Ven coñecer algunhas das pezas máis prezadas da artista a Compostela Sede Afundación Santiago de Compostela Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Santiago de Compostela

    Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    12 XUÑ a 17 AGO 2024

  • Horario:

    LUNS a SÁBADOS | 12.00 a 14.00 e 16.30 a 20.30 h

    DOMINGOS e FESTIVOS | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

Desde Afundación, Obra Social ABANCA, e Turismo de Galicia convidámoste á mostra TERESA BERGANZA. O gardarroupa da música e ás actividades en torno a ela. Ven descubrir algúns dos máis espectaculares vestidos da soprano en Santiago de Compostela, do 12 de xuño ao 17 de agosto, no 19 da Rúa do Vilar. 

Estás perante unha mostra sobre moda e lírica en que se exporán 24 traxes de alta costura que pertenceron a Teresa Berganza (1933-2022). A chamada “mezzosoprano do século" foi tamén un referente de elegancia, lucindo os máis fermosos vestidos nos recitais que daba por todo o mundo. 

Esta exposición e as súas actividades paralelas enmárcanse no noso programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS. Axúdanos a abastecer os bancos de alimentos locais achegando unha pequena doazón de alimentos non perecedoiros que podes deixar á entrada do edificio. Grazas!

En colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos. 

ACTIVIDADES PARALELAS

Visita inaugural con Román Padín, comisario | Mércores 12 XUÑ | 19.00 h | Sede Afundación

Mesa redonda «O legado artístico de Teresa Berganza» con Maximino Zumalave, director de orquestra; Rosa Fernández, musicóloga; Roberto Relova, etnomusicólogo e director da ESAD; e moderada por Román Padín, conservador do gardarroupa de Teresa Berganza e comisario | Xoves 20 XUÑ | 19.00 h | Sede Afundación

CONFIRMA ASISTENCIA

Recital «Cántame no peito» con Cecilia Lavilla Berganza (soprano) e Miguel Ituarte (piano) | Martes 25 XUÑ | 20.00 h | Auditorio ABANCA (Preguntoiro, 23)

Actividade gratuíta previa reserva en Ataquilla.com. Capacidade limitada. 

RESERVA AQUÍ

Na colección de vestidos que a cantante lírica Teresa Berganza luciu sobre os escenarios entre 1950 e 2010 hai creacións dos mellores modistos do mundo da súa época: Pierre Cardin, Loris Azzaro, Enrique Caruncho, Christian Lacroix... Un total de 24 deses vestidos de quen, no seu día, foi considerada «a mezzosoprano do século» son o eixe central da exposición «O gardarroupa da música» que, desenvolvida pola Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, acolle a Sede Afundación Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19).

Ademais, e en paralelo á mostra, organízanse unha mesa redonda sobre o legado musical da intérprete e un concerto homenaxe en que a tamén cantante lírica Cecilia Lavilla Berganza, filla da mezzosoprano homenaxeada, interpretará as Cancións xacobeas que compuxo Antón García Abril para a súa nai.

Na exposición, que permanecerá aberta ata o 17 de agosto, tamén poden verse diferentes vídeos e unha escolma de creacións artísticas inspiradas nas vestimentas que usaba nos seus concertos. E é que os vestidos de Teresa Berganza influíron tanto no público coma en artistas plásticos. Son parte da mostra, por exemplo, debuxos realizados polo mestre da pintura Rafael Cidoncha a partir das roupaxes da mezzosoprano, os deseños de Pablo Pérez Sanmartín que recrean a Berganza interpretando o papel de Rosina en El barbero de Sevilla. Tamén se inclúen vídeos e fotografías de Joel Blanco, debuxos do arquitecto Alberto Fuentes Valcárcel ou un pano de seda deseñado por Sandra Parguiña, aparte de escenas líricas e dos vestidos da cantante.

Teresa Berganza (1933-2022) foi considerada unha das mellores voces líricas da súa época en todo o mundo. Durante décadas cantou sobre os mellores escenarios e coas mellores formacións orquestrais do planeta. Nos anos noventa, e grazas ás súas colaboracións co director de orquestra Maximino Zumalave, construíu unha relación especial co público galego da música lírica.

Maximino Zumalave será, precisamente, un dos participantes na mesa redonda "O legado artístico de Teresa Berganza", que se celebra o 20 de xuño, tamén na Sede Afundación en Santiago, e en paralelo á mostra. Compartirá datos e reflexións coa musicóloga Rosa Fernández e o etnomusicólogo e director da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia Roberto Relova. Moderará a mesa o comisario da exposición, Román Padín.

Cinco días despois, o martes 25 de xuño, o Auditorio ABANCA (Preguntoiro, 23) acollerá o recital "Cántame no peito". Acompañada polo pianista vasco Miguel Ituarte, Cecilia Lavilla Berganza interpretará as Cancións xacobeas, que Teresa Berganza levou ao escenario do Auditorio de Galicia en 1993 baixo a dirección do propio García Abril. Quen foi un dos máis celebrados compositores españois do século XX, creou esta peza a partir de textos literarios de autores galegos tanto contemporáneos como da lírica medieval. Tamén se escoitarán neste recital obras de Claude Debussy e Reynaldo Hahn. A asistencia ao concerto é de balde, baixo reserva anticipada en Ataquilla.com. 

Aproveita para visitares a nosa axenda web completa e decátate de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes, ademais na nosa ticketeira Ataquilla.com tes moitas máis actividades, desde concertos a monólogos, teatro, danza, etc. Descubre un mundo de posibilidades de lecer ao teu alcance!

Exposición Teresa Berganza. O gardarroupa da música

    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078