Exposición CASTELAO GRAFISTA (FACSÍMILE) en Lugo
![Exposición CASTELAO GRAFISTA (FACSÍMILE) en Lugo Exposición CASTELAO GRAFISTA (FACSÍMILE) en Lugo](https://www.afundacion.org/images/cesionsalas/69361/reprod_castelao_1__narrow.jpg)
Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Bos Aires, 1950) constitúe o foco desta mostra que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por el. A intención deste proxecto é divulgativa, amosando a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares en países dos cinco continentes.
VISITA GUIADA INAUGURAL | 12 NOV | 11.30 h
COMISARIO | Miguel Fernández-Cid
Agora tes a oportunidade de visitar a exposición desde aquí. Clica á esquerda na VISITA VIRTUAL.
A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así e todo, pódense ver 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, tamén se pode ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.
(...) Castelao realiza comentarios gráficos descritivos da realidade e costumes galegos, pero pronto a súa obra adquire un ton de compromiso –ético,social,político– que nunca perderá, ata converterse nun dos principais ideólogos do pensamento nacionalista.Como figura central da cultura contemporánea galega e como auténtico impulsor dun proxecto nacional, propio e distintivo, non se é ecuánime perante Castelao, ao que con frecuencia se lle esixe máis que a ninguén, esperando que estea sempre na excelencia, na frescura, na sagacidade. (...) Fernández-Cid, Miguel, "Castelao grafista" en Castelao grafista, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando / Fundación MAPFRE / Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Madrid, 2017.
Desde Afundación Obra Social ABANCA colaboramos co proxecto expositivo sobre o insigne Castelao itinerando a mostra polos nosos diferentes espazos durante os dous próximos anos.
Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, a exposición Castelao grafista (facsímil) é o proxecto máis ambicioso para dar a coñecer e difundir a obra e o pensamento de Castelao nos cinco continentes.
Esta exposición enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). O acceso será a cambio da entrega dalgún alimento non perecedoiro, que irá destinado ao banco de alimentos local.
Entra aquí e infórmate polo miúdo.
TENDA ONLINE
CATÁLOGO Castelao grafista (facsímile) (Fundación Torrente Ballester, Santiago de Compostela, 2019)
CATÁLOGO Castelao grafista. Pinturas, dibujos, estampas (Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Fundación MAPFRE y Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Madrid, 2017)
Actividade do Xacobeo 21-22
MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e a cultura como o fixeches sempre.
-Asistencia obrigada con máscara
-Control da capacidade
-Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público
-Xel hidroalcólico en múltiples puntos dos edificios e salas
-Desinfección rigorosa de espazos
-Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren de contacto físico
-Supervisión en sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade