Mostra «Lugrís, paredes soñadas». A Coruña.
A Sede Afundación da Coruña acolle, do 31 de marzo ao 3 de setembro, «Lugrís, paredes soñadas», unha exposición que repasa o traballo realizado por Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 - Vigo, 1973) como decorador de espazos, con fondos procedentes da Colección de Arte ABANCA e a Colección de Arte de Afundación, ás que se suman obras doutras importantes coleccións públicas e privadas como as da Xunta de Galicia, o Parlamento de Galicia, o Museo de Pontevedra, a Universidade de Santiago de Compostela ou AECID, entre outras.
Este proxecto expositivo, producido por ABANCA, celebra a restauración realizada pola propia entidade do mural Vista de A Coruña 1669, pintado por Lugrís para decorar o Banco Hispano-Suizo, situado na rúa Real da cidade herculina. Tras meses de intenso traballo de rehabilitación, o mural xa loce no acceso á sede principal do banco, pola rúa Olmos. Con motivo desta restauración, a entidade organiza esta mostra, comisariada por Rubén Ventureira, xornalista e investigador da obra do artista, para reivindicar a figura de Urbano Lugrís dentro da historia da arte galega.
PRÓXIMAS VISITAS GUIADAS
De balde e sen reserva previa
- Mural restaurado Vista de A Coruña 1669
Punto de encontro: Oficina ABANCA (R/ Olmos, 26)
Xoves 24 de agosto, 18.30 h
Martes 29 de agosto, 18.30 h
Mércores 30 de agosto, 19.00 h
Xoves 31 de agosto, 18.30 h
- Exposición «Lugrís, paredes soñadas»
Punto de encontro: Recepción Sede Afundación (Cantón Grande, 8)
Xoves 24 de agosto, 19.30 h
Venres 25 de agosto, 19.00 h
Luns 28 de agosto, 18.30 e 20.00 h
Martes 29 de agosto, 19.30 h
Mércores 30 de agosto, 20.00 h
Xoves 31 de agosto, 19.30 h
Venres 1 de setembro, 19.00 e 20.00 h
Sábado 2 de setembro, 11.30 e 19.30 h
«Lugrís, paredes soñadas» recolle un total de 106 obras, moitas delas nunca exhibidas, coma o esbozo realizado polo artista para a igrexa de San Pedro de Visma (un proxecto que finalmente non levou cabo); o óleo Stella Maris, para a Confraría de Pontedeume; os vidros decorativos dunha celosía deseñados para unha vivenda da Coruña; un gran mural que pintou no Sanatorio Álvarez, en Santiago de Compostela; ou debuxos de letras e doutro tipo que fixo para a revista Vida Gallega.
Entre as obras expostas destacan as realizadas polo pintor para decorar espazos tan variados coma o desaparecido Hotel Embajador (A Coruña), a igrexa de Vilaboa (Culleredo), o Gran Hotel de Vigo ou a fábrica de conservas Massó (Bueu), entre moitas outras. Destaca tamén o Retablo del descubrimiento, un políptico composto por trece táboas procedente do antigo Instituto de Cultura Hispánica de Madrid que hoxe se atopan na sede da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.
Outra das novidades desta exposición é a posibilidade de realizar un tour virtual polas desaparecidas pinturas do retablo da Capela dos Santos Reis de Bueu, un proxecto que o propio Lugrís definiu como a súa «obra integral como artista», xa que el mesmo trazou os planos e deseñou a súa ornamentación.
A mostra complétase cunha extensa publicación onde se recompila a historia da pintura mural Vista de A Coruña 1669, e se explica con detalle o proceso de restauración. A continuación, ofrécese ampla información de toda a obra mural realizada polo artista e finaliza coa reprodución das obras que conforman a exposición. Podes adquirir este catálogo nos puntos de venda das sedes Afundación ou na tenda online.
Goza da visita virtual
Sala 1
Sala 2
Salas 3 e 4