• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición XULIO GIL. Retratos dun tempo da plástica galega, na Coruña

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición XULIO GIL. Retratos dun tempo da plástica galega, na Coruña
  • 25-03-2024 25-05-2024 Exposición XULIO GIL. Retratos dun tempo da plástica galega, na Coruña Unha curiosa selección de retratos de artistas da plástica galega, realizados polo fotógrafo Xulio Gil ao longo de anos. Coñece a exposición ata o 21 de xaneiro, agora en Ourense Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    25 MAR a 25 MAI 2024

  • Horario:

    Luns a venres | 17.30 a 20.30 h

    Sábados e festivos | 12.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

    Domingos | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

Trátase dun proxecto expositivo de homenaxe á plástica galega dende os retratos fotográficos dos e das artistas, da man do fotógrafo Xulio Gil. Aproveita para visitala do 25 de marzo ao 25 de abril na Sede Afundación A Coruña.

 

comisario | XABIER LIMIA GARDÓN

 

A idea do proxecto tivo o seu berce en 1988 co gallo da exposición “Antropolóxicas”, promovida por Enrique Acuña no Museo de Pontevedra. Con posterioridade, foi continuado a propósito da realización das fotos para a colección Artistas Galegos, dirixida por Antón Pulido, propóndolles facer un retrato de autor ao remate da obra. Dende aquela, Gil foi sumando fotos de artistas cos que coincidiu, na procura de redondear aquela idea auroral. Esta é a base dunha colección que foi xermolando no tempo, e que fica agora rematada, pechando o concepto para a súa exhibición pública.

Mirar para coñecer, e facelo dende as creacións de Xulio Gil, cunha mirada fascinante, que incorpora na visita unha cartela que amosa unha peza artística de cada un dos retratados para a súa contextualización.

A mostra está articulada por 97 retratos fotográficos e dela editarase un coidado catálogo.

 

Artistas en retrato

FRANCISCO LEIRO | LAXEIRO | COLMEIRO | CARUNCHO | LEOPOLDO NÓVOA | ISAAC DÍAZ PARDO | ELENA COLMEIRO | XAIME QUESSADA | ANTONIO QUESADA | ANTÓN PULIDO | PURY DEL PALACIO | ELENA GAGO | ÁNXEL HUETE | ANTÓN SOBRAL | MENCHU LAMAS | ROSALÍA PAZÓ | MINGOS TEIXEIRA | DIEGO DE GIRÁLDEZ | YOLANDA CARBAJALES

 

XULIO GIL (Ourense, 1954) é matemático ademais de fotógrafo. Vencellado dende moi novo ao mundo da arte, fixo a súa primeira exposición en Vigo en 1976. Dende entón, defende un proxecto fotográfico e visual no que teñen unha importancia sobranceira temas coma a arte ou o patromonio. Tamén desenvolveu proxectos creativos con escritores coma Xosé Luis Méndez Ferrín, arquitectos coma Iago Seara ou arqueólogos coma Antonio de la Peña. Entre as súas obras máis destacadas está Tigres coma cabalos, na que a poesía de Xela Arias, daquela a dona de Gil, mestúrase coas creacións do fotógrafo. Xulio Gil recibiu o Premio da Crítica de Galicia ás Artes Plásticas e Visuais no ano 2013, na 36ª edición dos galardóns.

 

CULTURA POR ALIMENTOS 

Coñeces o noso programa solidario? Accede a toda a información desde a nosa web para saber de todas aquelas actividades culturais que podes realizar nos nosos recintos por un intercambio de alimentos non perecedoiros, destinados aos bancos de alimentos locais. Esta exposición forma parte da rede de actividades adheridas á iniciativa, polo que te convidamos a deixar a túa doazón á entrada do edificio, no punto habilitado, cando a visites.

A ilusión compartida que nos move! Infórmate aquí

En colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos.

 

ESCOLARES

Cores en folga | Infantil a 4º Primaria

Unha apócema feiticeira rouboulles as cores aos retratos dos e das artistas galegas, só nenas e nenos poderemos devolvérllelas. Unha viaxe pola arte galega da man dalgúns dos seus rostros máis destacados. Un achegamento ao mundo das cores primarias e as gamas de cor nun obradoiro moi tolo no que crearemos unha obra de arte sostible e con robótica.

Mulleres de rompe, racha, pinta e traballa | Primaria a 1º e 2º ESO

Nesta viaxe trataremos de coñecer as mulleres que fixeron historia na arte galega. Nesta ocasión, a escolma elixida para coñecer a nosa arte será exclusivamente feminina. É hora de poñer o foco nas mulleres. Mulleres de rompe e racha que, abrindo camiños, conseguiron destacar e formar parte, por dereito propio, da nosa historia.

E no obradoiro, dúas opcións a elixir: robótica e programación ao servizo da arte ou instalacións artísticas sostibles.

Máis actividades para ESCOLARES AQUÍ

 

Exposición producida pola Xunta de Galicia.

Inauguración Xulio Gil
Inauguración Xulio Gil
Inauguración Xulio Gil
Inauguración Xulio Gil
Inauguración Xulio Gil
Inauguración Xulio Gil
Inauguración Xulio Gil
Inauguración Xulio Gil
Inauguración Xulio Gil
Inauguración Xulio Gil
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Exposición Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega
Folleto exposición Xulio Gil PDF 4,26 MB
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078