Exposición PIZARRA (Clúster Pizarra), en Vigo
Pizarra, nova exposición na Sede Afundación Vigo desde o 15 ao 27 de xaneiro de 2024. Visítanos.
Fotografías | Juan Rodríguez
comisarios | Carlos Quintáns e Zaida García Requejo
Fotografías de Juan Rodríguez, que traballa co contraste entre o artificial do corte da canteira e o natural, coas xeometrías resultantes do proceso e cos planos de corte. Tamén documenta a realidade das súas superficies cambiantes: as pátinas das paredes das canteiras abandonadas, así coma as pegadas das técnicas e das máquinas. Aproveita as distintas condicións atmosféricas que se poden encontrar para ofrecer unha lectura cambiante dos baleirados dunha canteira de pizarra e das súas frontes de corte.
A exposición acompáñase dun catálogo que sitúa o traballo de Juan Rodríguez no cambio de ollada dos espacios extractivos desde a antigüidade ata o presente. Estamos ante unha selección das máis de 100 fotografías que se levan seleccionado das realizadas nestes anos nas canteiras de pizarra de Galicia.
Exposición promovida polo Clúster da Pizarra de Galicia e Xunta de Galicia, coa colaboración de Afundación, Obra Social ABANCA.