Exposición VIGO NO CAMIÑO DA OURIVARÍA, en Vigo

A mostra VIGO NO CAMIÑO DA OURIVARÍA achega á Sede Afundación de Vigo unha exhibición de pezas senlleiras dos máis relevantes prateiros e acibecheiros de Compostela e Vigo.
ACTO INAUGURAL | 26 ABR | 19.00 h
Inscricións aquí.
Trátase dunha exposición de envergadura onde se poden ollar os traballos dos mellores ourives que traballaron tanto en Vigo como en Santiago. Moitos deles, oriundos de Portugal, tiveron na Diocese de Tui - Vigo o punto intermedio da instalación e evolución dos oficios.
Na pratería, están presentes destacados creadores, incluso doutros ámbitos, pero con incursións puntuais na ourivaría. (esto debe referirse a plateros de Santiago. Los que están de Vigo son todos fundamentalmente orfebres)
É de reseñar a altura artística e histórica alcanzada pola ourivaría de Compostela, indubidable referencia mundial na materia, pero tamén a presenza viguesa neste fenómeno artístico.
No eido da pratería, a acibechería e o esmalte contemporáneo, a achega viguesa resulta especialmente renovadora e sorprendente, por descoñecida e polas súas evolucionadas formas de expresión.
Máis de 75 pezas, con prevalencia de pezas de gran formato, acompañadas de información dos Mestres representados e a evolución da ourivería galega o longo do tempo.
DIDÁCTICA
STEAM
Esta mostra será unha escusa perfecta para coñecer algunhas das técnicas dos ourives, poñer en valor esta forma tradicional de expresión artística e tamén poñer a proba as destrezas! Aprenderemos a mesturar aspectos tradicionais da creación ourive con aspectos da técnica de montaxe, deseño e soldadura da robótica.
- INFANTIL a 4º PRIMARIA | As xoias luminosas das e dos «pequeourives»
- 5º PRIMARIA a ESO, BACHARELATO e CF | Un anel para atraer a toda a xente
- TODAS AS IDADES | Exhibición dun ourive en directo | todos os xoves | 11.00 h (Prazas limitadas)
2 €/ ESCOLAR
Máis información e reservas no 986 129 032 ou a través do correo-e areaeducativavigo@afundacion.org
Organiza | Asociación de Artesáns e Comerciantes “Ourives de Compostela” e Afundación, Obra Social ABANCA
Patrocina | Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia
Colabora | Universidade de Santiago de Compostela