• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición O CAMIÑO ILUSTRADO Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla en Portomarín

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición O CAMIÑO ILUSTRADO Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla en Portomarín
  • 19-01-2023 17-02-2023 Exposición O CAMIÑO ILUSTRADO Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla en Portomarín Un percorrido polo camiño de Santiago a través dos pinceis da acuarelista Alicia Aradilla. Agora, co programa Corrente Cultural, en todos os concellos de Galicia CENTRO EXTERNO Centros fuera de sedes y Centros. Externo Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    CENTRO EXTERNO

    Centros fuera de sedes y Centros. Externo

  • Datas:

    19 XAN a 17 FEB 2023

  • Horario:

    LUNS a VENRES 9.00 a 14.00 h

    Polas tardes, previa reserva no 982 545 070

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

PAZO XERAL PAREDES [Praza Camiño, s/n] | PORTOMARÍN

 

Unha luminosa e orixinal exposición das acuarelas realizadas pola moza ilustradora Alicia Aradilla que, con máis de cen mil seguidores en Instagram, é famosa polos seus cadernos de viaxe que comparte en RRSS. Nesta ocasión aborda o Camiño de Santiago, unha peregrinaxe pola arte, os lugares e as persoas que o conforman.

Visítaa na túa localidade grazas ao noso programa CORRENTE CULTURAL. 

 

A nova mostra «O Camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla» recolle 60 acuarelas realizadas pola recoñecida ilustradora e autora de cadernos de viaxe, que abordan o camiño cunha mirada nova, fresca e luminosa. Articulada en tres seccións fundamentais ―«O Camiño», «Camiñantes» e «Compostela. A cidade e o seu patrón»―, e con textos explicativos do doutor en Historia e experto medievalista Feliciano Novoa, a exposición compleméntase cunha sección dedicada ao movemento urban sketch (debuxo da contorna natural e cotiá a través de cidades, camiños e viaxes) do que Alicia Aradilla é unha referente internacional.

Esta exposición, orixinada a partir da publicación El camino ilustrado de Editorial Planeta, trasladará ao público as distintas cidades monumentais que atravesa o Camiño de Santiago. Navarra, Burgos ou León, por exemplo, e a súa fauna e flora, conviven nunha mostra que homenaxea tanto o patrimonio cultural coma o natural dun roteiro descrito como de conformación da esencia europea. É o Camiño de Santiago a senda de peregrinación con maior antigüidade e tránsito de toda Europa. Son centos de anos cativando todas as persoas que se animan a descubrilo e vivilo, o que explica que sexan moitos os e as artistas atraídas por el, e que o converteron en fonte de inspiración e temática da súa obra.


Como explica Feliciano Novoa, tradicionalmente entendeuse o Camiño como unha fonte de intercambio cultural, e este é un aspecto especialmente interesante no caso de Alicia Aradilla, porque as súas viaxes tamén se alimentan dese rico intercambio cultural que acontece cando se atravesan as fronteiras propias. Na mostra dedícase unha sección para entender o vínculo entre a viaxe e a creación, que no caso de Aradilla é tan notorio. Hai tamén exposto material orixinal da autora, como un caderno de viaxe, ou pinceis e acuarelas que adoita levar na súa mochila cando viaxa. Tamén documentación audiovisual (fotografía e proxeccións) que mostra como a súa paixón polas acuarelas e a viaxe a levaron a outras partes de España e do mundo.

 

ALICIA ARADILLA
En 2017 deixou a súa carreira para percorrer case 20 países durante un ano e poder recoller a súa experiencia en acuarelas. Froito deste periplo, realizou máis de 700 ilustracións nos seus cadernos de viaxe, que foi mostrando nas súas RRSS, onde actualmente ten máis de 125 000 seguidores.

Considerada unha auténtica referencia no seu campo, comezou no mundo do urban sketch (debuxo na contorna urbana) en 2016, gañándose enseguida o recoñecemento da crítica e público, e convertendo desde entón a acuarela e a tinta no seu medio para captar experiencias e plasmalas en papel. Deste xeito, cada debuxo imprégnase dunha historia, un concepto que entusiasma tanto a quen viaxan como a artistas. Alicia Aradilla percorre os recunchos de distintos países cunha caixa de acuarelas na mochila, deténdose a retratar paisaxes no seu caderno.

Ademais de Instagram, onde tamén sobe Stories nas que resolve dúbidas aos seus seguidores, ou ben making of da súa publicación diaria, a ilustradora condensa todas as experiencias na súa propia canle de Youtube.

 

Esta mostra encádrase dentro do proxecto CORRENTE CULTURAL, unha aposta de ABANCA e Afundación para espallar cultura por toda Galicia, polos diferentes concellos e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, cun interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.

 

Actividade do Xacobeo 21-22

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078