Exposición de pinturas e debuxos, Espazo +60 Vigo

O 5 de xullo, ás 18.00 horas, inaugúrase na Sede Afundación de Vigo (entrada pola rúa Velázquez Moreno) a exposición das obras dos socios e socias participantes no obradoiro de Debuxo e pintura, dirixido pola profesora María Soliño.
A exposición conta con máis dunha vintena de obras de técnicas variadas, desde óleo a lapis.
Cada unha delas mostra o esforzo dos alumnos por dominar conceptos como a luz e a sombra, as gamas, as transparencias ou as texturas. Ao mesmo tempo, atopamos retratos, paisaxes e mariñas que buscan lograr unha estética acorde cos estilos que agradan aos seus autores.
Actividade gratuíta.