• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición CASTELAO GRAFISTA. Facsímile, en Verín

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición CASTELAO GRAFISTA. Facsímile, en Verín
  • 18-10-2023 18-11-2023 Exposición CASTELAO GRAFISTA. Facsímile, en Verín Coñece a obra e o pensamento dun dos creadores máis singulares da historia galega, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Visita agora a mostra na túa vila con CORRENTE CULTURAL CENTRO EXTERNO Centros fuera de sedes y Centros. Externo Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    CENTRO EXTERNO

    Centros fuera de sedes y Centros. Externo

  • Datas:

    11 OUT a 11 NOV 2023

  • Horario:

    MARTES a SÁBADOS | 17.30 a 21.00 h

    Grupos e visitas escolares, concertar no 988 410 334 ou 988 410 000/1

  • Entrada:

    Gratuíta

Sala de exposicións [Rúa Irmáns La Salle, s/n] | VERÍN

 

Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Bos Aires, 1950) constitúe o foco desta mostra que reúne unha ampla selección das súas múltiples facetas. Con este proxecto de difusión internacional, divulgamos a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares, en países dos cinco continentes ao longo dos últimos anos. Agora, dentro do programa CORRENTE CULTURAL, levámolo a cada punto da nosa xeografía para que toda a poboación sexa coñecedora e goce das súas creacións e das súas inmensas achegas á nosa historia máis recente. Presentamos CASTELAO GRAFISTA (FACSÍMILE). 

 

Comisario | MIGUEL FERNÁNDEZ-CID

 

Esta exposición enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Accede e colabora doando algún alimento non perecedoiro que irá destinado ao banco de alimentos local.

Entra aquí e infórmate.

 

 

A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así e todo, pódense ver 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, tamén se pode ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

 

(...) Castelao realiza comentarios gráficos descritivos da realidade e costumes galegos, pero pronto a súa obra adquire un ton de compromiso –ético,social,político– que nunca perderá, ata converterse nun dos principais ideólogos do pensamento nacionalista.Como figura central da cultura contemporánea galega e como auténtico impulsor dun proxecto nacional, propio e distintivo, non se é ecuánime perante Castelao, ao que con frecuencia se lle esixe máis que a ninguén, esperando que estea sempre na excelencia, na frescura, na sagacidade. (...) Fernández-Cid, Miguel, "Castelao  grafista" en Castelao  grafista, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando / Fundación MAPFRE / Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Madrid, 2017.

 

Desde Afundación Obra Social ABANCA colaboramos co proxecto expositivo sobre o insigne Castelao itinerando a mostra agora co programa CORRENTE CULTURAL polos diferentes concellos galegos. 

 

Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes E Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, a exposición Castelao grafista (facsímil) é o proxecto máis ambicioso para dar a coñecer e difundir a obra e o pensamento de Castelao nos cinco continentes.

 

TENDA EN LIÑA

CATÁLOGO Castelao grafista (facsímile) (Fundación Torrente Ballester, Santiago de Compostela, 2019) 

CATÁLOGO Castelao grafista. Pinturas, dibujos, estampas (Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Fundación MAPFRE e Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Madrid, 2017) 

 

CORRENTE CULTURAL é unha aposta de ABANCA e Afundación para difundir cultura por toda Galicia, polos diferentes municipios e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, con interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.

Castelao grafista (facsímile)
Castelao grafista (facsímile)
Castelao grafista (facsímile)
Castelao grafista (facsímile)
Castelao grafista (facsímile). Verín
Castelao grafista (facsímile). Verín
Castelao grafista (facsímile). Verín
Castelao grafista (facsímile). Verín
Castelao grafista (facsímile). Verín
Castelao grafista (facsímile). Verín
Castelao grafista (facsímile). Verín
Castelao grafista (facsímile). Verín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078