• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición BERCES DE VIDA, en Tui

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición BERCES DE VIDA, en Tui
  • 24-11-2023 04-01-2024 Exposición BERCES DE VIDA, en Tui Dentro do proxecto CORRENTE CULTURAL, que leva arte a todos os concellos galegos, xorde esta nova exposición, comisariada polo Premio Nacional de Medio Ambiente Joaquín Araújo, para concienciar e divulgar sobre o coidado do planeta CENTRO EXTERNO Centros fuera de sedes y Centros. Externo Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    CENTRO EXTERNO

    Centros fuera de sedes y Centros. Externo

  • Datas:

    24 NOV a 4 XAN 2024

  • Horario:

    LUNS a VENRES | 9.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 h

    SÁBADOS | 9.00 a 13.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

Sala Municipal de Exposicións, Edicio «Francisco Sánchez» [Rúa Colón, 2] | TUI

 

BERCES DE VIDA, articulada por 26 fotografías cheas de luz, cor e beleza, retrata os diferentes ecosistemas boscosos de todas as comunidades autónomas de España e pretende servir de chamada de atención sobre a necesidade de conservar uns espazos imprescindibles para a vida no noso planeta. Complementadas con textos explicativos de Joaquín Araújo, estas imaxes reflicten o compromiso de todas as entidades participantes neste proxecto coa preservación do medio ambiente.

 

comisario | JOAQUÍN ARAÚJO

 

CULTURA POR ALIMENTOS 

Coñeces o noso programa solidario? Accede a toda a información desde a nosa web para saber de todas aquelas actividades culturais que podes realizar nos nosos recintos por un intercambio de alimentos non perecedoiros, destinados aos bancos de alimentos locais. Esta exposición forma parte da rede de actividades adheridas á iniciativa, polo que te convidamos a deixar a túa doazón á entrada do edificio, no punto habilitado, cando a visites.

A ilusión compartida que nos move! Infórmate aquí

En colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos

 

Esta mostra, comisariada polo dúas veces gañador do Premio Nacional de Medio Ambiente Joaquín Araújo, convídanos a pasear polos bosques de España ao tempo que espallamos a súa beleza e, sobre todo, a súa relevancia na sustentabilidade da vida, presente e futura. En palabras de Joaquín Araújo: «O bosque é o lugar onde a luz se converte en vida. É unha fábrica de claridade que traballa incesantemente para que todas as persoas e animais respiremos. Os arboredos suman solos á tona do mundo, que antes era só rocha, e despois frean o deserto que quere arrebatarnos esa primeira riqueza que é a fertilidade natural. Alí tamén están as futuras e máis necesarias materias primas. O bosque esconde a solución para resolver todas as carencias actuais de alimentación, curación e enerxía. Esquecelo é esquecer que o tempo pasa e que o único antídoto é a renovación da vida, á que nada nin ninguén contribúe tanto nin tan eficazmente coma as árbores».

 

Só hai un planeta, e cada acción para coidalo conta. Por iso, desde Afundación, Obra Social ABANCA, recollemos como liña fundamental da nosa programación, o apoio e divulgación de contidos orientados a fomentar unha mentalidade sostible e comprometida coa natureza.

 

CORRENTE CULTURAL é unha aposta de ABANCA e Afundación para difundir cultura por toda Galicia, polos diferentes municipios e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, con interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.

Berces de vida en Monterroso
Berces de vida en Monterroso
Berces de vida. Sarria
Berces de vida. Sarria
Berces de vida. Celanova
Berces de vida. Celanova
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078