• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición ACISCLO: SETE DÉCADAS en Ourense

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición ACISCLO: SETE DÉCADAS en Ourense
  • 21-03-2023 03-06-2023 Exposición ACISCLO: SETE DÉCADAS en Ourense O traballo do escultor galego brilla nesta mostra que recolle as súas obras máis significativas Sala de exposicións Afundación Ourense Praza Maior, 4. Ourense (Ourense) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sala de exposicións Afundación Ourense

    Praza Maior, 4. Ourense (Ourense)

  • Datas:

    21 MAR a 3 XUÑ 2023

  • Horario:

    LUNS a VENRES 17.30 a 20.30 h

    SÁBADOS, DOMINGOS e FESTIVOS 12.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

Visita virtual

A mostra "Acisclo: Sete décadas" propón un percorrido por toda a traxectoria artística do escultor galego a través das súas obras máis significativas, unha escolma de setenta pezas procedentes de coleccións galegas públicas e privadas.

Visítaa na Sala de Exposicións Afundación Ourense ata o 3 de xuño.

 

Comisaria | MERCEDES ROZAS 

 

A escolma visibiliza o seu compromiso coa arte, ao tempo que traslada a evolución do seu discurso afastándose progresivamente da representación naturalista, fuxindo da realidade obxectiva, que tan só mantén como pretexto de recursos estéticos.

Na mostra podemos ver pezas de distintos materiais, nos que o autor encontra novas texturas e diferentes posibilidades expresivas. A madeira, terracota e o bronce falan da súa vinculación co orgánico, co románico do Mestre Mateo e co clasicismo de Fidias.

Acisclo Manzano está considerado un dos grandes escultores españois. Desde que no ano 1962 recibiu o Premio Nacional de Escultura e a Medalla de Ouro das Artes, a súa traxectoria foi obxecto de numerosos recoñecementos e premios. Nos anos sesenta integrouse no grupo O Volter xunto con Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios, unha época de fecunda relación con Otero Pedrayo, Vicente Risco, Julio López Cid e Eduardo Branco Amor. A súa escultura moveuse esteticamente dentro do universo figurativo, aínda que nalgúns momentos da súa carreira chegou a aproximarse ao territorio da abstracción.

«Acisclo. Sete décadas» inicia o seu percorrido cos traballos en madeira dos anos sesenta, e termínao cos máis actuais. En total 70 pezas provenientes de coleccións particulares de toda Galicia, tamén do propio artista, e mais da Colección ABANCA, Colección Afundación, Colección da USC, Parlamento de Galicia, Deputación de Ourense e Museo Quiñones de León.

A Colección de Arte Afundación achega á exposición catro pezas de moi diferente perfil seleccionadas pola comisaria: desde as madeiras Frei Escoba e o retrato de Xaime Quessada, datadas na primeira época do escultor (anos sesenta) ata as terracotas Repouso, un torso feminino insinuado de finais dos anos oitenta e Amores vesánicos, unha peza rotunda e vagamente antropomorfa dos anos setenta. 

A exposición enriquécese coas fotografías de Mani Moretón que permiten traer á sala de exposicións traballos de Acisclo que, ben por ser escultura urbana, ou ben polas súas dimensións, non poden ser mostradas doutra forma: o Cristo Negro da capela das Neves na catedral basílica de Ourense, a Ninfa do Miño en Ourense, a Deusa do Deza en Lalín, ou o baixorrelevo Calpurnia Abana na Fonte das Burgas de Ourense, entre outras pezas.

 

VISITA VIRTUAL

Agora podes acceder á visita virtual, premendo no botón da esquerda.

 

CATÁLOGO

Acisclo: sete décadas, 2023, Afundación, Obra Social ABANCA | Galego/ castelán

Xa podes descargar de balde o catálogo da exposición! Clica AQUÍ

 

DIDÁCTICA

• INFANTIL a 3º PRIMARIA | Visita conto con obradoiro de STEAM | A árbore da creatividade

Todas as persoas temos unha árbore da creatividade no noso interior, que debemos coidar,

alimentar e deixar medrar... Didáctica para espallar a imaxinación cun taller de altorrelevo e baixorrelevo con lapis 3D.

• 4º PRIMARIA a 2º ESO | Visita xogo de enxeño con obradoiro de STEAM | As 3D da arte

A arte ten 3 dimensións: a material, a creativa e a do significado. Un xogo de enxeño para atopar estas 3D levaranos despois a un obradoiro de deseño 3D en Tinker cad.

• 3º ESO a BACHARELATO e C.F. | Visita comentada con posibilidade de obradoiro de STEAM | Acisclo

Historia persoal e contexto artístico de Acisclo Manzano.

 

2 €/ ESCOLAR

Máis información e reservas no 988 391 746 ou en areaeducativaourense@afundacion.org

 

Esta mostra encádrase no programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL. Convidámosvos a colaborar traendo alimentos non perecedoiros que se poden depositar no acceso ao edificio, e que serán destinados aos bancos de alimentos locais.

Máis información.

Acisclo. Sete décadas
Acisclo. Sete décadas
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078