• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición: «A Idade do Ferro. Unha tradición entre Lugo e Asturias». Lugo

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición: «A Idade do Ferro. Unha tradición entre Lugo e Asturias». Lugo
  • 16-05-2018 14-07-2018 Exposición: «A Idade do Ferro. Unha tradición entre Lugo e Asturias». Lugo O fotoxornalista afonda no mundo dos ferreiros, no val do río Eo de Galicia e Asturias Sede Afundación Lugo Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Lugo

    Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)

  • Datas:

    16 de maio a 14 de xullo 2018

  • Horario:

    Luns a sábados, 18.00 a 21.00 h. Domingos e festivos, pechado.

  • Entrada:

    Gratuíta

A exposición «A Idade do Ferro. Unha tradición entre Lugo e Asturias», organizada polo Museo do Pobo Galego, é o froito do traballo durante un trienio do fotoxornalista José M. Salgado, dentro da área xeográfica do val do río Eo (tanto na súa vertente galega coma asturiana) na busca dos últimos ferreiros das comarcas da Fonsagrada, Terra de Miranda, Oscos e Taramundi. Coñece a tradición e as súas fascinantes historias na Sede Afundación de Lugo do 16 de maio ao 14 de xullo.
 
O mundo da labranza do ferro na área fronteiriza galaico-asturiana dotou dunha personalidade propia estas terras durante séculos. Este ensaio fotográfico lévanos coñecer intimamente as xentes do ferro, os maiores (xa retirados en moitos casos), os traballadores en activo e as novas incorporacións (nalgún caso, coma nos Oscos, de xentes foráneas) que dan alento a unha profesión milenaria. Tamén se deixa entrever claramente a influencia dos ferróns vascos e navarros, que emigraron, ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII desde Euskadi e Navarra a Asturias e Galicia e foron os responsables de boa parte das ferrerías hidráulicas galegas e asturianas.
 
Do total dos ferreiros retratados, un bo número seguen en activo, especialmente nos municipios de Riotorto (en Lugo) e Taramundi (Asturias). No primeiro caso, o produto principal foi desde décadas os fouciños de todo tipo. Neste municipio, ata os anos sesenta da pasada década enviábanse camións deste produto ás segas das dúas mesetas. No caso de Taramundi, o auxe do turismo rural na zona, desde hai trinta anos, favoreceu o auxe da produción das navallas típicas da zona, que hoxe son a icona e o souvenir principal. Cada artesán (hai máis de quince) ten o seu enfoque respecto da tradición. Algúns seguen con producións pequenas e o sistema de forxa tradicional; noutros casos, incorporaron certa mecanización. 
 
Un caso particular dentro do conxunto, constitúeno os artesáns que actualmente traballan na comarca asturiana de Oscos: un austríaco, Friedric Bramsteidhl, unha xaponesa, Keiko, e o seu home José Román Toquero, vallisoletano, manteñen viva a artesanía do ferro na zona, xa que os poucos artesáns que aínda sobreviven oriúndos da zona, xubiláronse xa. O traballo de José M. Salgado explora, ademais da paisaxe humana, os escenarios xeográficos e os vestixios industriais da idade moderna, cando nesta zona limítrofe os traballadores do ferro se contaban por centos.
 
Son, pouco máis ou menos, en torno a sesenta ferreiros, máis de medio centenar de historias persoais na área europea con maior concentración, aínda hoxe, de forxas en activo. A exposición no seu conxunto constitúe un documento etnográfico peneirado polo ollo fotográfico contemporáneo que contribúe dun xeito directo, sen retóricas e sen a necesidade dunha presentación previa. O fotógrafo tivo en mente os pioneiros da fotografía etnográfica de hai un século, Ferrer, Suárez, Ruth Mathilda Anderson ou W. Ebeling, (que percorreu igualmente os camiños, as forxas e mazos de Riotorto, en Lugo), así coma as correntes contemporáneas do foto-documentalismo. O que a exposición mostra, malia un verniz aparentemente costumista, é a realidade no momento actual, na segunda decena do século XXI, dunha actividade laboral en declive, en que se expresa a difícil adaptación ás contornas cambiantes que moitas áreas rurais experimentaron. 

 

José M. Salgado, A Coruña, 1968

Xornalista e fotógrafo, promove distintas actividades relacionadas coa difusión cultural, comisariado de exposicións, edición de libros, etc. Acumula unha ampla experiencia no ámbito da documentación etnográfica, unha vagaxe que constituiu o impulso definitivo para a presente mostra. No eido fotográfico, esta veta documental é unha das ramas que máis cultiva e o define. En A idade de ferro. Unha tradición entre Lugo e Asturias preséntase unha escolma de imaxes,  reunidas nun amplo estudo sobre o asunto que se editará ao longo deste ano en formato libro.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078