• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra «Superpoderes. David Aja e David Rubín». A Coruña

Cultura Exposicións Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra «Superpoderes. David Aja e David Rubín». A Coruña
  • 31-07-2018 29-09-2018 Mostra «Superpoderes. David Aja e David Rubín». A Coruña Descubre o traballo de David Aja e David Rubín con esta oportunidade única na Coruña Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    31 de xullo a 29 de setembro 2018

  • Horario:

    Luns a venres 17.00 a 21.00 h

    Sábados e festivos 12.00 a 14.00 e 17.00 a 21.00 h

    Domingos pechado

     

    ENTRADA: 
    Gratuíta

     

    VISITAS GUIADAS:

    Visita guiada especial o martes 25 de setembro co comisario Asier Mensuro, 19.00 h
    Todos os xoves, 19.00 h. Gratuítas e sen inscrición previa

    E tamén para grupos a partir de 10 persoas, previa reserva no 981 185 060 ou na ligazón de embaixo

    Prezo: 1 €

     

    OBRADOIROS DE VERÁN:

    4 a 7 anos. Martes ou xoves. 12.00 a 14.00 h

    8 a 12 anos. Mércores ou venres. 12.00 a 14.00 h

    Prezo: 3 € (2 € irmás/ns)

    Inscricións no 981 185 060 ou na ligazón de embaixo

Solicitar visita

ABANCA e Afundación, coa colaboración do Museo Patio Herreriano, abrimos ao público a exposición «Superpoderes. David Aja e David Rubín» do 31 de xullo ao 29 de setembro. Dous dos maiores debuxantes de cómic da nosa era despregan o seu imaxinario para nós nesta apaixonante mostra sobre o mundo da banda deseñada na Sede Afundación A Coruña.

 

Visita guiada co comisario Asier Mensuro o martes 25 de setembro, ás 19.00 h. Asistencia gratuíta, previa inscrición.

Formulario de inscrición.

 

O comisario da mostra, Asier Mensuro, organiza e detalla con máximo coidado esta mostra onde nos centramos nos traballos máis destacados de Aja e Rubín, máis de 350 que reflexionan sobre a icona do superheroe no século XXI. Estes artistas son, sen dúbida, dous fachos de luz no eido do cómic contemporáneo, posúen calidades de técnica e imaxinativa tan abondosas que, un desde Valladolid e o outro desde Ourense, conseguiron facerse un oco máis que respectado e sobresaínte no duro mercado do cómic norteamericano.

 

Na mostra, entre outros, poderemos gozar dos traballos máis importantes para Marvel de David Aja, como Inmortal Iron Fist, Hawkeye, Wolverine, Avengers ou Captain America; ou das obras de David Rubín El Héroe, Aurora West, Beowulf, un spin off da popular serie Batling Boy de Paul Pope, ou ilustracións de personaxes coma Batman ou Spirit.

 

David Aja traballa para o mercado norteamericano, unha industria moi popular e competitiva que posúe uns códigos propios, que el coñece, mais que reinterpreta e reinventa. O seu primeiro traballo a destacar foi o conxunto de portadas de Inmortal Iron Fist (2006), onde facía algo pouco común no sector: manter o branco do papel como ton predominante, captando todas as olladas.

O seu rico imaxinario visual vén dado polo extenso coñecemento dos recursos estilísticos propios do xénero. Na súa obra pódese rastrexar a pegada de debuxantes tan notables coma David Mazzucchelli, Bill Sienkiewicz, Alex Thot ou Frank Miller. Tamén atopa inspiración noutras disciplinas, desde o cinema ata a pintura, coma os Ukiyo-e nipóns do mestre Kawase Hasui, ou nas artes gráficas a través de Andy Warhol ou mesmo da cartelería da Segunda Guerra Mundial da arte nacional socialista alemá. Realiza un traballo extraordinario nas cubertas de Karnak (2015) mediante filtros dixitais ou en obras coma as portadas para Red Skull (2010) ou The invencible Ironman (2008).

O seu traballo está cheo de pequenos detalles, desde unha paisaxe no fondo dunha viñeta, onde experimenta coa abstracción, a personaxes reducidos a unha silueta negra, que recordan ao teatro de sombras balinés. O vestiario dos personaxes é, sen dúbida, o máis coidado. En títulos Marvel coma Hawkeye ou The Inmortal Ironfist, redeseña os uniformes característicos para se apropiar do personaxe.

Entre todas as súas obras, hai un caso de auténtica vangarda co que consegue unha obra mestra do cómic coa que leva os premios Harvey e Eisner na categoría de Mellor Historieta, trátase do número décimo primeiro da serie Hawkeye. O seu protagonista é Pizza Dog, a mascota do superheroe, e a historia nárrase desde o punto de vista do can.

Dado que nos atopamos ante un autor que non vende os seus orixinais, esta retrospectiva convértese nunha oportunidade única para contemplar as súas obras máis significativas.

Premios

Eagle Awards: 2008 Mellor Artista Revelación pola serie Inmortal Iron Fist [2006-2008] // Harvey Awards: 2013 Mellor Autor de Portadas pola serie Hawkeye [2012-2015]; 2014 Mellor Número Único por Hawkeye [2012-2015], núm. 11 // Eisner Awards: 2013 Mellor Debuxante pola serie Hawkeye [2012-2015]; Mellor Autor de Portadas pola serie Hawkeye [2012-2015]; 2014 Mellor Autor de Portadas pola serie Hawkeye [2012-2015]; Mellor Número Único por Hawkeye [2012-2015], núm. 11 // 2016 Mellor Autor de Portadas polas series Scarlet Witch [2015-2017] e Karnak [2015-2016] // Ademais, conseguiu diversos galardóns que outorgan distintas Comic Con de España, Italia e O Xapón.

 

David Rubín é case un acabado de chegar ao mundo do cómic norteamericano. As súas orixes profesionais hai que buscalas en Galicia no mundo da animación, en produtoras coma Limaía e Dygra.

En 2005 publica con Astiberri o seu primeiro álbum, El circo del desaliento, que lle vale un nomeamento na categoría de Autor Revelación no Salón do Cómic de Barcelona 2006. A este título séguenlle La tetería del oso malayo, con esta mesma editorial, e Cuaderno de Tormentas con Planeta DeAgostini.

En 2011 debuxa a novela gráfica El Héroe, a súa primeira incursión no mundo dos superheroes. Trátase dunha visión moderna dos doce traballos de Hércules desde a óptica do cómic de superheroes. Este traballo bebe do grafismo clásico, en especial do traballo de Jack Kirby, o gran creador do universo Marvel; mais tamén se aprecia a influencia doutros autores americanos coma Frank Miller, Jim Steranko ou Paul Pope.

Nos seus debuxos pódese ver a pegada dos mestres da bande dessinée francesa de Sfi-Ci, desde os Humanoïdes associés (Druillet e Giraud) a Meziérès, Caza; xunto á doutros debuxantes galos coma Sfar, Blain Peeters ou Blutch. Tamén é sensible ás influencias provenientes do manga, incluíndo  autores do talle de Osamu Tezuka, Akira Toriyama ou Katsuhiro Otomo. E non escapan aos seus gustos literarios o traballo de autores españois coma Olivares ou Sequeiros e, como galego, Das Pastoras, Miguelanxo Robledo ou o Miguelanxo Prado máis feísta.

É especialmente interesante o xeito que ten de tratar a figura humana, cun gusto expresionista tipicamente galego; unha deformación do canon, que foxe da beleza clásica, é sen dúbida unha das sorpresas no traballo de Rubín, a naturalidade con que perverte este canon para levalo ao seu terreo e que se atopa en autores de cómics xa citados, mais tamén en artistas doutras disciplinas coma o escultor galego Francisco Leiro.

En 2013 sae un dos seus maiores éxitos, Beowulf, outra historia mitolóxica, nesta ocasión proveniente da cultura nórdica con influencia do danés Teddy Kristiansen.

A partir de aquí desembarca no mercado norteamericano da man de Paul Pope, que lle encarga unha sorte de spin-off, dous álbums protagonizados por Aurora West. E xa segue a traballar para outras editoriais coma BOOM! Studios ou Dark Horse. Tamén se ocupa de series tan interesantes coma Ether, The Fiction, Black Hammer, Sherlock Frankenstein and the Legion of Evil ou Rumble.

Mención á parte merece o seu traballo como portadista. Hai algo clásico e moderno ao mesmo tempo nas súas cubertas para Black Hammer. En Ether e The Fiction, colle un camiño diferente e vólvese máis abstracto; e finalmente, en Robocop realiza o seu mellor traballo como portadista.

David Rubín convértese así nun debuxante que consegue realizar cómics de autor nunha industria en que saír da norma establecida non é nada doado; e non se trata dun autor calquera, senón de alguén capaz de introducir un sopro de aire fresco nun xénero que nestes intres se está a reinventar a si mesmo e que ten neste autor galego unha figura referencial.  

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078