Co obxectivo de documentar o extraordinario momento histórico que nos tocou vivir co confinamento xeral da poboación (15 de marzo ao 15 de xuño de 2020) presentamos o proxecto dual Miradas desde o confinamento que se apoia en dúas exposicións diferentes:
A que nos ocupa, Primavera tras a ventá, na Sede Afundación A Coruña. Recolle a mirada doméstica, neste caso, de particulares que acudiron á chamada do Álbum Covid de Afundación e compartiron a historia do confinamento de portas cara adentro. A vida detida nos fogares e plasmada en imaxes en que as emocións afloran e a creatividade e sensibilidade se mesturan en fotografías cargadas de mensaxe.
Galicia en vilo. Exposición de rúa que aborda o confinamento a través da mirada dos profesionais da imaxe, eles tomaron o pulso ao que estaba a suceder en rúas, hospitais, estradas, dando testemuño daquilo que non puidemos ver desde o confinamento. A súa mirada convérteos en testemuñas e notarios da Historia.
A EXPOSICIÓN A chegada do Covid-19 ás nosas vidas e o longo confinamento ao que nos vimos abocados, supuxo para todos, como individuos e como sociedade, unha fenda nas nosas rutinas e transformacións en todas as esferas da nosa vida, unhas temporais e outras definitivas, que nos obrigaron a traballar doutra maneira, a aprender doutra maneira, a relacionarnos doutra maneira, e a construír, con todo iso, unha vida diferente na que nos vimos inmersos sen transición.
Co obxectivo de documentar, e divulgar, estas situacións familiares, laborais, sociais, sanitarias ou vitais, vinculadas ao período de confinamento desde unha mirada doméstica, decidimos lanzar no verán a iniciativa Álbum Covid aberta á participación cidadá.
As fotografías que son parte desta exposición foron enviadas por particulares para contarnos a súa experiencia e compartir connosco as emocións vividas en primeira persoa durante o período de confinamento. O percorrido acompáñase con textos da articulista Inma López Silva nos que envorca as súas reflexións sobre este intenso momento da nosa historia.
A exposición está formada por 34 fotografías, seleccionadas de entre as recibidas na plataforma online Álbum Covid. Para abordar a selección contouse co asesoramento do fotógrafo Javier Teniente (gañador en dúas ocasións do prestixioso Premio Internacional Luís Valtueña de Fotografía Humanitaria, o Premio Galicia de Comunicación, e Mención especial nos Premios Ortega y Gasset de xornalismo).
As fotografías seleccionadas dan testemuño da pluralidade de perfís participantes, con autores que van desde os 17 ata os 73 anos. Todos eles comparten cos visitantes á exposición imaxes particulares, pero que nos representan a todos a través das múltiples emocións que afloran en cada escena retratada: a tenrura e a dureza de coñecer un neto a través dun cristal, de asomarse á xanela, buscando saír coa mirada das paredes de todos os días, a inocencia encerrada buscando como encher os días, a imaxinación como motor do entretemento, o aplauso das 8, ou a provisión de papel hixiénico como comezo da etapa, entre outros moitos temas, emocións e reflexións.
Podes seguir participando no ÁlbumCOVID enviándonos as túas fotografías.
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e a cultura como o fixeches sempre.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID
- Uso obrigatorio da máscara
-Control de capacidade -Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público -Xel hidroalcohólico en múltiples puntos dos edificios e salas -Desinfección rigorosa de espazos -Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros que non requiren contacto físico -Supervisión en sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade
Crónica cicatrices. Autor: Álex Fernández Romero
Huellas de realidad. Autora: Alex Fernández Romero
Manos covid. Autor: Antonio Soto Rey
Case rozamos as mans, mais tivo medo. As mans parecían perigosas
Luz y sol. Autor: Antonio Soto Rey
Halóxenos, lámpadas pantallas… necesito respirar o sol
Huella mascarilla. Autor: Antonio Soto Rey
Cada día de traballo, deporte ou paseo co can, supuña estar marcado
Kit de paseo. Autor: Antonio Soto Rey
Chaves, carteira, móbil… máscara, luvas e alcohol…!
Natureza agradecida. Traballo en soidade. Autora: Chus Abeledo. Para min é o significado do meu estado de ánimo no confinamento
Superan o confinamento e mírannos desde dentro do Noray María Pita. Autora: Chus Abeledo. Para min é o significado do meu estado de ánimo no confinamento
Imprescindibles no confinamento. Autora: Chus Abeledo. Para min é o significado do meu estado de ánimo no confinamento
Sin palabras. Autora: Consuelo Vidal Ares
Esta foto di abondo por si soa. Un estado de ánimo que podería ser o de calquera muller ou home que pasase só o confinamento e con esa idade que din de risco
Bodegón do confinamento. Autora: Consuelo Vidal Ares
Pandemia. Autor: Guillermo Mariño. Pandemia é unha palabra que soa tan severa, e para a que estabamos tan pouco preparad@s, que por moito que nos protexamos sentímonos nús ante ela
Etapas do confinamento: aprovisionamento compulsivo. Autor: Guillermo Mariño
Covid19. Autor: Xosé Antón Barral. Xogando coa nova situación, o nome do lugar Hospital e as cifras que hai que oír constantemente. Tres elementos centrais na pandemia
Ela non sabe de pandemias. Autora: Mari Carmen Vizcaíno Pérez
No vale el buenrollismo. Autora: María González Figueroa. O mundo divídese entre aqueles que ven o vaso medio cheo e os que o ven medio baleiro. A felicidade interésanos, pero a boa onda ten os seus límites
Las ventanas indiscretas. Autora: María Moldes Rodal. Un vecindario, as súas ventás, un catálogo de comportamentos, pequenas historias que son o espello dun microcosmos. E o silencio do confinamento
Nova normalidade. Autora: María Moldes Rodal. O repentino reto de vivir cuhna pandemia non é tarefa doada. Un chamamento á responsabilidade, o virus segue a convivir con nós
Nosotros y un servidor, en soledad. Autor: José Ángel Baz Lomba. Nestes meses, quen non botou en falta un compañeiro para tocar unhas pezas, para tomar unhas cañas, para falar de fútbol? Ás veces, boto en fal
Distancia de seguridade. Autora: María Moldes Rodal
A vacina da esperanza. Autora: María Moldes Rodal
Outra forma de vivir. Autora: María Moldes Rodal
Esperando o vento a favor. Autora: María López Corral. A terraza, o lugar en que recuperar o vento a favor e esperar a chegada da primavera
Cerrado por enfermedad. Autora: Pilar Moltó Dequidt. Impresionoume moito a primeira noite que puiden ver o Hotel Meliá María Pita sen luz. Casualmente a data da fotografía coincide co festivo do 19 de marzo
Reflexos dunha realidade. Autora: Sara López Temes. Esta imaxe representa unha dualidade: nunha metade da fotografía aparece representada a miña avoa facendo o xantar. Porén na outra metade desenfocada, vese o reflexo duns
Costureira en tempos de confinamento. Autora: Sara López Temes. Durante o confinamento, a miña avoa retomou unha das súas paixóns de cando era nova: a costura. Sumida nunha tranquilidade absoluta, pasaba as horas cosendo e
Sentir el roce del agua en los pies. Autor: Paco Muñoz Regueira. Son os primeiros paseos en Riazor tras os duros momentos de confinamento. Vagar pola beira do mar, sentir a auga nos pés. Detalles pequenos tan valiosos
Esperando casting para rodaje. Autor: Óscar Sangerman Cortiñas
"Momentos previos á realización dun casting para unha película na Illa de San Simón (Redondela)"
Doutro lado da ventá. Autora: Bianca Fernández Carballo. Stella (17 meses) é sobriña neta de Carmela. Stella chegou cos seus pais a Galicia dende Madrid o 13 de marzo. Para evitar o contacto directo mirabámonos e to
A miña veciña estuda. Autora: Consuelo Vidal Ares
A vida continúa. Autora: Charo Fernández Cabaleiro. Foto tirada o 28 de abril no Servizo de Prestacións da Xunta de Galicia en Vigo. Pola nosa condición de servizo esencial, os pensionistas cobraron puntualmente as s&u
Omnipresente. Autora: María González Figueroa
Punto de vista. Autora: María González Figueroa
Teletraballo. Autora: María González Figueroa
Polos que nos coidaron. Autora: María González Figueroa
Ansias de liberdade. Autora: María González Figueroa
Golpe de realidade. Autora: María González Figueroa
Xoanciño. Autora: Marta Rivadulla López. Meus pais tiñan xa cinco netos cando naceu Xoán (o 31 de marzo, en pleno confinamento). Na foto recóllese o momento exacto en que se viron por primeira vez e, a pesar das gan
Derradeira primavera. Autora: Vanessa Fernández Carballo. Angelina (90 anos) era a miña avoa. Tiñamos o reto de illala do covid-19 porque nada nos doería máis que non poder despedirnos dela como lle gustaría.
Un metro de aire: diario visual de un confinamiento en soledad. Autora: Esther Medraño González
Vulnerables. Autor: Gabriel Figueroa Torrado. Neste autorretrato, o aire sobre a cara con máscara crea unha visualidade en que o sentimento de vulnerabilidade cobra protagonismo. A ollada transmite ese medo que nalgún momento deste conf
Castiñeiros na cidade. Autora: Chus Abeledo. Para min é o significado do meu estado de ánimo no confinamento