• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • UIE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra GALICIA FUTURA. TODO O QUE IMOS SER na Coruña

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra GALICIA FUTURA. TODO O QUE IMOS SER na Coruña
  • 17-06-2022 30-07-2022 Mostra GALICIA FUTURA. TODO O QUE IMOS SER na Coruña Pezas artísticas creadas especificamente para este proxecto por destacados nomes das artes plásticas, as letras, o audiovisual, a ciencia, a escena, o deseño ou a música en Galicia Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    17 XUÑ ao 30 XUL 2022

  • Horario:

    LUNS A SÁBADOS (FESTIVOS INCLUÍDOS) 12.00 a 14.00 h e 17.30 a 20.30 h
    DOMINGOS PECHADO
  • Entrada:

    Gratuíta

Como imaxinas a Galicia Futura? Esta exposición sae á procura de respostas a esta pregunta a través dun suxestivo diálogo entre arte e ciencia, entre tecnoloxía e creatividade.

 

VISITA GUIADA INAUGURAL canda o comisariado | 17 XUÑ | 19.00 h

Inscríbete AQUÍ de balde! [COMPLETA!]

 

DÉBORAH GARCÍA BELLO e MIGUEL ÁNGEL CAJIGAL VERA | comisariado

 

A mostra toma o pulso do presente para propoñer un percorrido por fitos e ideas innovadoras que xa están a marcar os vieiros do porvir da nosa comunidade en diferentes campos. Explora así un futuro desexado e posible, partindo do traballo que están a desenvolver a día de hoxe diferentes profesionais e grupos de vangarda.

"Galicia Futura. Todo o que imos ser" afonda tamén no noso pasado para identificar comportamentos e procesos que constrúen o futuro, poñendo o acento nunha escolma de pezas destacadas que representaron no seu momento un pulo decidido cara ao futuro en diversos eidos.

Amosar o que se está a facer desde distintas áreas do coñecemento, facer visible como as conexións entre os diferentes campos do saber nos permiten comprender a súa progresión, e procurar as claves e estratexias que están a configurar o porvir de Galicia son os obxectivos dunha mostra viva, que quere transcender as paredes da sala de exposicións e impulsar procesos creativos propios. Por iso se exhiben pezas artísticas creadas especificamente para este proxecto por destacados nomes das artes plásticas, as letras, o audiovisual, a ciencia, a escena, o deseño ou a música en Galicia, que contribúen á visión diversa e coral que tenta ofrecer a exposición.

Un dos puntos destacados da exposición son a serie de obras realizadas en exclusiva por distintos creadores e creadoras galegas. Entre elas, atópase a peza audiovisual exclusiva que comparte título coa propia mostra, rodada por Óliver Laxe nos Ancares, ou o Campo de figos co que a dramaturga Marta Pazos sorprende as persoas visitantes cunha instalación envolvente na que reflexiona sobre feminismo, futuro e identidade. A arte hipertecnolóxica do creador galego afincado en Singapur Rubén Ramos Balsa é outra das protagonistas, coa obra Travesía inspirada na paisaxe galega e no Camiño de Santiago.

O diálogo entre diferentes disciplinas artísticas é tamén nexo común entre varias das pezas creadas para esta exposición, entre as que poderemos atopar desde un espazo que mestura vídeo, fotografía e pintura ―con tres destacados creadores galegos como son o cineasta Juan Lesta, o fotógrafo Damián Ucieda e o artista plástico Vítor Mejuto― ou unha peza audiovisual que reúne o talento da poeta Estíbaliz Espinosa, a realizadora Lucía Estévez e o físico Carlos Salgado na creación dunha abraiante obra capaz de entretecer a exploración do cosmos coa pintura de Maruxa Mallo.

 

COMISARIADO E COMITÉ ASESOR
Deborah García Bello (A Coruña, 1984), @deborahciencia, é química e divulgadora científica. Investiga ciencia de materiais aplicados á arte contemporánea no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña, dirixe as xornadas Ciencia & Arte de Bilbao e é parte do equipo de formación e transferencia científica de L'Oréal. Traballa tamén como divulgadora en diversos programas de televisión e radio a nivel autonómico e nacional.

Miguel Ángel Cajigal Vera (A Coruña, 1981), @elbarroquista, é historiador da arte e divulgador cultural. É parte do equipo educativo da Fundación Cidade da Cultura e dirixe o Mestrado en Educación en Museos e Espazos Culturais da Universidad Miguel de Cervantes. É membro do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) e do Consello Internacional de Museos (ICOM) e colabora como divulgador con diversos medios de comunicación galegos e estatais.

O proxecto expositivo contou, ademais, cun amplo comité de colaboradores, conformado por 19 persoas entre as que se atopan algúns dos artistas e científicos con máis talento de Galicia, desde a catedrática en telecomunicación Edita de Lorenzo, a cantante e compositora Wöyza, a chef distinguida cunha Estrela Michelin Lucía Freitas, o director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías Carlos Salgado, ou a deseñadora Nuria Carballo, entre outros.

 

Producida pola Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 21-22.

Marta Pazos. Campo de figos
Marta Pazos. Campo de figos
Galicia Futura. Rubén Ramos Balsa
Galicia Futura. Rubén Ramos Balsa
Galicia Futura. Pandeiretas
Galicia Futura. Pandeiretas
Galicia Futura. Chelo Matesanz, Peliqueiros
Galicia Futura. Chelo Matesanz, Peliqueiros
Galicia Futura
Galicia Futura
Galicia Futura
Galicia Futura
Galicia Futura
Galicia Futura
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • UIE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078