• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición AUGA. O SANGUE DA TERRA en Xinzo da Limia

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
{evento-titulo_ga}
  • 06-11-2020 29-11-2020 Exposición AUGA. O SANGUE DA TERRA en Xinzo da Limia Colección de fotografías de Manuel Valcárcel que conciencia sobre a importancia da auga no planeta. CENTRO EXTERNO Centros fuera de sedes y Centros. Externo Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    CENTRO EXTERNO

    Centros fuera de sedes y Centros. Externo

  • Datas:

    6 a 29 NOV 2020

  • Horario:

    LUNS a VENRES 9.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta

Na CASA DA CULTURA E DA XUVENTUDE DE XINZO DA LIMIA [R/ Curros Enríquez, 17 - Praza Carlos Casares]

Unha fascinante colección de fotografías que nos leva por numerosos puntos do planeta na procura do ben máis prezado: a auga. Manuel Valcárcel é o autor deste coidado proxecto co que pretende enfocar un factor vital para o funcionamento do globo e que pasa desapercibido en occidente.

Coa colaboración do Concello de Xinzo da Limia, xunto a ABANCA e Afundación Obra Social ABANCA. 

 

Este proxecto fotográfico de Valcárcel quere concienciar a poboación sobre a importancia do uso racional e responsable da auga. Para conseguir as impactantes imaxes viaxou a algúns dos recunchos máis remotos do planeta azul: Nova Zelandia, o río Ganxes, as plantacións de arroz da China, Níxer ou o deserto de Atacama, así como ao lucense río Lor, onde a presenza ou a ausencia da auga determinou culturas, paisaxes e ecosistemas.

 

Manuel Valcárcel transmite a súa mensaxe: «A auga, elemento vital ao que quixen render humilde homenaxe en comparación co que representa, parte de todo o que somos e todo o que crea. Elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia. Elemento que debemos coidar e protexer porque marcará o devir das xeracións vindeiras porque, quen somos os seres humanos para crernos por riba da nai natureza? que escultura existe tan fermosa como, por exemplo, a elaborada pola auga na praia das Catedrais na costa lucense? ou que viaxe máis sinxela e á vez máis trepidante, cá dunha folla caendo ao río, deixándose arrastrar pola súa corrente ata chegar ao mar?».

 

As imaxes da mostra distribúense en tres bloques:

Os estados da auga recolle fotografías tomadas en Nova Zelandia e Galicia. No primeiro caso o traballo centrouse en plasmar o paso da auga en estado sólido a líquido e, ao mesmo tempo, os puntos de unión entre a montaña e o mar. O leito do río Lor, no Courel, é o protagonista galego: "Neste caso tentouse plasmar visualmente os cambios que ofrece un río ao longo do ano. Non só como fluxo de auga senón, especialmente, como a materia que crea recunchos, texturas, cores que van cambiando co paso das estacións". 

A auga e a vida sitúa a ollada sobre Asia, en dous lugares diferentes. Un deles é Varanasi, Río Ganxes, na India, onde a auga é algo máis que materia en calquera estado. O Ganxes forma parte da vida espiritual dos hindúes; por iso é un lugar de peregrinación ao que se achegan multitude de persoas a se somerxeren nas súas augas durante a súa vida e a fundirse con elas, na súa morte. O outro lugar é Longshen Guilin, na China, onde o manexo da auga deu lugar a unhas paisaxes marcadas pola actividade humana. Alí as ladeiras reconstruíronse, cubertas na súa totalidade por terrazas en que se cultiva o arroz.

Vivindo na escaseza ocúpase da escaseza e ausencia da auga. Para iso seleccionáronse outros dous lugares, un en África, concretamente en Malí e outro en América, en Chile. No primeiro caso, plásmase a vida dos pescadores Bozo que, aproveitando a época seca, recollen todo o peixe que poden no río Níxer para vendelo polas aldeas. No segundo caso, optouse pola rexión de Antofagasta, no Deserto de Atacama, onde a actual ausencia da auga propicia a existencia dunha paisaxe lunar.

 

www.manuelvalcarcel.com

 

Esta mostra encádrase dentro do proxecto CORRENTE CULTURAL, unha aposta de ABANCA e Afundación para espallar cultura por toda Galicia, polos diferentes concellos e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, cun interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.

"Auga. O sangue da terra"
"Auga. O sangue da terra"
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078