• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición AS MIRADAS DE ISAAC na Coruña

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición AS MIRADAS DE ISAAC na Coruña
  • 29-06-2021 28-08-2021 Exposición AS MIRADAS DE ISAAC na Coruña Primeira gran mostra itinerante da Xunta de Galicia para poñer en valor o inmenso legado do artista Isaac Díaz Pardo. Agora na nosa Sede Afundación A Coruña Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    29 XUÑ a 28 AGO 2021

  • Horario:

    LUNS a SÁBADOS (festivos incluídos) 12.00 a 14.00 h e 17.00 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

Chega á Coruña do 29 de xuño ao 28 de agosto «As miradas de Isaac», un proxecto expositivo con que se procura difundir a figura de Isaac Díaz Pardo para pór en valor o seu legado e achegas á cultura galega, sendo o impulsor da recuperación da fábrica de cerámica de Sargadelos, do Laboratorio de formas, do Seminario de Estudios Galegos, do Instituto Galego da Información, de Ediciós do Castro ou do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, entre outros moitos proxectos relevantes.

 

Esta é a primeira grande exposición da Xunta de Galicia en homenaxe ao artista despois do seu falecemento, en xaneiro de 2012. Inaugurouse en novembro de 2020 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura para facela coincidir co centenario do seu nacemento (1920).

 

A MOSTRA
«As miradas de Isaac» contará na Coruña cunhas 500 pezas entre obras de arte, murais, cerámicas, carteis, publicacións e obxectos persoais coa pretensión de reflectir a inesgotable creatividade de Díaz Pardo, un personaxe imprescindible da cultura galega do século pasado. A mostra mantén a estrutura en dez seccións, a través das que afonda en todo o seu periplo vital e profesional. Así na mostra na Coruña quedará reflectida a importancia do pai –Camilo Díaz Baliño– no desenvolvemento da súa personalidade; a infancia e xuventude en Compostela; e a faceta de pintor, que deixou unha fonda pegada en todas as súas realizacións. 


Do mesmo xeito, a mostra tamén se centra no contacto de Díaz Pardo co exilio e o seu compromiso pola recuperación da memoria histórica; o labor como escritor; as iniciativas empresariais, con Sargadelos como insignia; e as iniciativas culturais e investigadoras, entre as que cabe destacar o Laboratorio de Formas ou o Instituto Galego de Información. O relato expositivo non esquece o deseñador industrial que proxectou máquinas, porcelanas, mobles ou Ediciós do Castro; o editor imparable; e finalmente enxalza o recuperador –con Luís Seoane– da vangarda artística galega anterior á Guerra Civil, coa posta en marcha do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.

 

A exposición na Coruña tamén incorpora como elemento vertebrador a videoinstalación realizada pola neta de Isaac Díaz Pardo, a fotógrafa e xornalista cultural Cecilia Díaz Betz. Esta peza audiovisual, realizada en colaboración co realizador Jordi Cussó, está creada a partir de materiais de arquivo, en que se propón un encontro co intelectual e artista, sendo el mesmo quen nos relata en primeira persoa a súa vida e obra. Unha forma radicalmente diferente de reivindicar e lembrar a súa figura, máis acorde coa súa propia visión vangardista, e coa que se procura revivir o seu universo e o seu espírito sempre aberto, tanxencial e polifacético.

 
VIGO
A exposición poderá visitarse na sede Afundación da Coruña do 29 de xuño ao 28 de agosto, con entrada gratuíta. Tras a súa clausura, a colaboración entre a Xunta e Afundación permitirá que o programa de itinerancias de «As miradas de Isaac» continúe en Vigo despois do verán.

 

Actividade en colaboración coa Xunta de Galicia.

 

Xacobeo 2021-2022

 

MEDIDAS COVID #CulturaSegura
 
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.

- Asistencia obrigada con máscara

- Control da capacidade

- Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público

- Xel hidroalcólico en múltiples puntos dos edificios e salas

- Desinfección rigorosa de espazos

- Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren de contacto físico

- Supervisión en sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade

Montaxe exposición "As miradas de Isaac"
Montaxe exposición "As miradas de Isaac"
Montaxe exposición "As miradas de Isaac"
Montaxe exposición "As miradas de Isaac"
Montaxe exposición "As miradas de Isaac"
Montaxe exposición "As miradas de Isaac"
Montaxe exposición "As miradas de Isaac"
Montaxe exposición "As miradas de Isaac"
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078