• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición A NOSA ARTE. Colección do Parlamento de Galicia, en Lugo

Cultura Exposicións Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición A NOSA ARTE. Colección do Parlamento de Galicia, en Lugo
  • 09-11-2023 27-01-2024 Exposición A NOSA ARTE. Colección do Parlamento de Galicia, en Lugo Coñece agora en Lugo a Colección de arte contemporánea do Parlamento de Galicia, baseada en obras de artistas galegas e galegos do século XX e primeiro do XXI Sede Afundación Lugo Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Lugo

    Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)

  • Datas:

    9 NOV 2023 a 27 XAN 2024

  • Horario:

    LUNS a SÁBADOS | 17.30 a 20.30 h

    DOMINGOS e FESTIVOS | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

A Sede Afundación Lugo acolle a mostra A NOSA ARTE. Colección do Parlamento de Galicia do 9 de novembro ao 27 de xaneiro de 2024. Achégate a ela e afonda nas diferentes perspectivas da arte galega do século XX e comezos do XXI.

 

comisariado | MARÍA VICTORIA CARBALLO CALERO, FELIPE SENÉN e CARLOS VALLE

 

CULTURA POR ALIMENTOS 

Coñeces o noso programa solidario? Accede a toda a información desde a nosa web para saber de todas aquelas actividades culturais que podes realizar nos nosos recintos por un intercambio de alimentos non perecedoiros, destinados aos bancos de alimentos locais, en colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos. Esta exposición forma parte da rede de actividades adheridas á iniciativa, polo que te convidamos a deixar a túa doazón á entrada da Sede Afundación A Coruña, no punto habilitado, cando a visites.

A ilusión compartida que nos move! Infórmate aquí

 

O Parlamento de Galicia, cerne da autonomía política da Comunidade, atesoura unha das máis valiosas e variadas coleccións públicas de arte galega contemporánea. Un auténtico tesouro froito da talento creativo dos seus autores e autoras e tamén do compromiso inequívoco coa arte galega dos diferentes equipos reitores da Cámara lexislativa. Un tesouro, en suma, que é de todos e para todos, e tamén unha ferramenta poderosa de difusión da nosa cultura, dentro e fóra das nosas fronteiras xeográficas.

A dimensión cuantitativa e cualitativa que esta colección de arte foi adquirindo co paso do tempo, desde aquel arredado 19 de decembro de 1981, cando o Parlamento de Galicia botaba a andar nunha sede que nin sequera era de seu, o arcebispal Pazo de Xelmírez, fai que cada día nos sintamos máis orgullosos dela, ao tempo que redobramos os esforzos para a dar a coñecer, tanto entre os expertos como entre o público en xeral.

Dun tempo a esta parte, o Parlamento de Galicia está inmerso nunha estratexia de apertura á sociedade co obxectivo de que a xente nos coñeza mellor, porque —hai que o recoñecer— o Poder Lexislativo segue a ser, e non só en Galicia, un gran descoñecido.

Con ese obxectivo impulsamos diferentes iniciativas orientadas a facilitar as visitas á nosa sede, o Pazo do Hórreo, durante as cales os seus protagonistas teñen ocasión de se achegaren ao universo creativo galego do século XX e de comezos do XXI.

Por fortuna, desde hai máis de catro décadas, España e Galicia viven e exprésanse en liberdade, ceibes de cadeas en virtude da Constitución e o Estatuto de Autonomía. A orixinalidade artística de Galicia pode tamén parabenizarse, pois protagoniza un rexurdimento vizoso, e a todos os seus creadores —pasados, actuais e futuros— rendemos tributo na mostra A NOSA ARTE.

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente do Parlamento de Galicia

 

ESCOLARES

ARTE E PROGRAMACIÓN – STEAM

  • INFANTIL a 3º PRIMARIA | Píntame unha poesía, e escribireiche unha obra de arte. Unha visita conto onde arte e poesía tomarán por asalto o imaxinario da xente miúda. Inspiración abonda para a adquisición dalgúns coñecementos de robótica básica. E é que, coas nosas pequenas mans, podemos facer que calquera cousa cobre vida.

  • 4º PRIMARIA a 2º ESO | Atlantes de pincel e espátula. A programación tecnolóxica deu lugar a un dos máis sorprendentes xiros da arte actual. E se fósemos capaces de facermos nós unha obra de arte a partir dun deseño robotizado? Para comprender a orixe desta viaxe, debemos coñecer de onde proceden as formas da arte e como en Galicia se desenvolveron ao longo do último século.

  • 3º e 4º ESO, BACHARELATO e CF | A nosa arte. Unha viaxe pola arte galega contemporánea e os episodios históricos, económicos e sociolóxicos que a acompañaron. E mais un obradoiro de computación e arte!

2 €/ ESCOLAR

Máis información e reserva previa no 982 289 096 ou en [email protected]

 

Podes descargar abaixo de todo o folleto dixital da mostra.

 

En colaboración co Parlamento de Galicia, a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes.

A NOSA ARTE. Colección do Parlamento de Galicia
A NOSA ARTE. Colección do Parlamento de Galicia
A NOSA ARTE. Colección do Parlamento de Galicia
A NOSA ARTE. Colección do Parlamento de Galicia
Folleto dixital A nosa Arte PDF
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078