• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición REAL MOSTEIRO DE OIA. Un mosteiro, un mar de historia(s), en Vigo

Cultura Exposicións Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición REAL MOSTEIRO DE OIA. Un mosteiro, un mar de historia(s), en Vigo
  • 11-09-2024 05-10-2024 Exposición REAL MOSTEIRO DE OIA. Un mosteiro, un mar de historia(s), en Vigo Coñece o presente, pasado e futuro do Mosteiro de Oia Sede Afundación Vigo Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    11 SET a 5 OUT 2024

  • Horario:

    LUNS a SÁBADOS | 17.30 a 20.30 h

    DOMINGOS e FESTIVOS | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

“Un Mosteiro, un mar de historia(s)” ten lugar do 11 de setembro ao 5 de outubro na Sede Afundación Vigo para afondar nos episodios menos coñecidos da historia do Mosteiro de Oia, que pertenceu á Orde do Císter e cuxo devir está intimamente ligado aos principais acontecementos históricos de Galicia. 

 

Sarah Barbará | comisaria


Dirixida a públicos diversos, a exposición “Un Mosteiro, un mar de historia (s)” afonda con rigor científico na historia e posibilítanos interactuar con diferentes aspectos da construción.


Estacións de aroma que evocan os recendos do Mosteiro; unha porta que conduce ao seu claustro; “caixas máxicas” a través das que albiscar a rutina dos monxes medievais ou un punto selfie, son algúns dos estímulos que convidan a sucar este mar de historias para todo tipo de público.

A exposición coida a comunicación coa cidadanía, ofrencendo un espazo final de co-creación.

“Un Mosteiro, un mar de historia(s)” presenta o monumento —Ben de Interese Cultural desde 1931— como punto focal de acontecementos desde o medievo ata a época contemporánea, destacando a súa relevancia arquitectónica e relación co territorio. O seu legado cobra vida nesta proposta impulsada por MARE —propietario do Mosteiro desde 2004— a través da Fundación Bretal, que aposta por unha xestión baseada na conservación, a divulgación do patrimonio, e a posta en valor da cultura local.

Esta iniciativa xorde no marco da celebración dos vinte anos desde a adquisición e o comezo dos traballos de investigación e documentación sobre a historia do mosteiro; a mostra divulga os datos de valor recabados e permite coñecer o seu pasado, presente e futuro a través de tres eixes temático-temporais: os séculos de actividade monacal, a época posmonacal e Renacer, onde se amosa o proxecto de restauración, rehabilitación e ampliación do Mosteiro que inicia de forma inminente a cargo de Rodríguez + Pintos arquitectos.

Entre os bens que se expoñen por primeira vez, destaca o Tombo de 1739, cartulario orixinal que repasa os principais fitos da historia do Mosteiro (dixitalizado con motivo desta mostra), un escudo de armas do mosteiro do S. XVII que sae do seu depósito no Museo de Pontevedra, un manuscrito orixinal proveniente dunha colección particular e edicións facsímiles do Arquivo Nacional. Entre os testemuños máis recentes, poderase ver unha conmovedora selección de grafitos realizados polos presos republicanos durante a Guerra Civil, testemuño do período en que o Mosteiro foi destinado a ser campo de concentración.
 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

El programa de actividades que completa y amplía los contenidos tratados en la exposición incluye la presentación oficial del proyecto de restauración y rehabilitación del Mosteiro a cargo de Rodríguez + Pintos Arquitectos; una charla magistral de Carmen Manso Porto, doctora en Historia; un conversatorio con creadoras del ámbito de la cultura contemporánea (Iria Morgade, escritora; Carla Andrade, artista visual; Fran Núñez, director del Centro Dramático Galego y Julio Gómez co-director de Sinsalaudio) y la entrega del VI Recoñecemento Real Mosteiro de Oia a Juan Martínez Domínguez (fundador de Vasco Gallega, hoy MARE).


CALENDARIO DE ACTIVIDADES

https://www.mosteirodeoia.com/exposicion/


Iniciativa promovida por la Fundación Bretal y el Mosteiro de Oia, con la participación de Rodríguez + Pintos Arquitectos y en colaboración con Afundación, la Obra Social de ABANCA y la Xunta de Galicia.

Un mosteiro, un mar de historia(s)
Un mosteiro, un mar de historia(s)
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078