Excursión ao Ézaro visitando Cee, Corcubión e Fisterra, Espazos +60 Pontedeume e Betanzos

Os Espazos +60 Afundación de Pontedeume e Betanzos organizan unha excursión de dous días para percorrer Fisterra visitando o seu faro, o castelo de San Carlos e o Museo da pesca. Gozarán dun paseo en barco de dúas horas de duración. Visitarán tamén Cee e Corcubión cunha visita guiada polo seu barrio medieval. Como colofón da viaxe, visitarán a fervenza do Ézaro pola noite para poder vela iluminada. De regreso pararán en Carnota e Lira para visitar os hórreos.
Prezo: 210€ (no momento da inscrición débense depositar 30€ como reserva) Apúntate no Espazo +60 antes do 20 de abril.