Excursión ao castelo de Soutomaior e Redondela, Espazo +60 Ferrol

O Espazo +60 Afundación de Ferrol organiza unha excursión para visitar, pola mañá, o castelo de Soutomaior -castelo medieval do século XII, lugar de orixe e centro de poder dunha das liñaxes máis significativas da Galicia medieval, os Soutomaior-, Pontesampaio e o paseo marítimo de Arcade. Pola tarde realizarán unha ruta por Redondela.
Prezo: 35€
Prazas limitadas. Apúntate no Espazo +60 desde o 5 de maio ata esgotar prazas.