Excursión a Viana do Bolo, Chaves e Verín, Espazos +60 Ferrol, Pontedeume e Betanzos
Os Espazos +60 Afundación de Ferrol, Pontedeume e Betanzos organizan unha excursión a Viana do Bolo para gozar da Mascarada Ibérica. A Mascarada Ibérica reúne cada ano unhas 50 agrupacións con máscaras de Galicia, León, Zamora, Asturias, Cantabria, Guadalaxara, o norte de Portugal e de Italia, entre outras, aínda que cada ano hai novidades nos grupos participantes.
A excursión continuará por terras portuguesas, concretamente Chaves, onde gozarán dunha visita guiada por esta poboación lusa de grande importancia na Idade Media. Visitarán a localidade de Verín, coñecida polo seu emblemático Entroido e polas súas augas mineiromedicinais. Verín é, tamén, terra de D.O. Monterrei, produce algúns dos viños máis modernos de Galicia, polo que aproveitarán para visitar unha das súas bodegas e rematarán a viaxe coñecendo o maxestuoso castelo de Monterrei, o máis grande de Galicia.
Prazas limitadas. Apúntate antes do 27 de marzo no Espazo +60. Prezo: 180€ (no momento da inscrición debes depositar 50€ como reserva)