Excursión a Santiago de Compostela, Espazo +60 Ourense

O Espazo +60 Afundación de Ourense organiza, o 30 de novembro, unha excursión a Santiago para ver a exposición Olga Gallego en su centenario (1923-2023). A exposición repasa a traxectoria profesional e persoal en diversos campos de Olga Gallego (Ourense, 1923-2010), distinguida bibliotecaria, arquiveira e primeira muller en ingresar na Real Academia Galega.
Despois ahegaranse ao Museo Pedaxógico de Galicia (MUPEGA). Este museo ten como obxectivo principal a conservación e difusión do patrimonio pedagóxico galego, así como a promoción de proxectos para a recuperación da memoria educativa.
Pola tarde visitarán o Parlamento de Galicia para coñecer o labor que desempeñan as deputadas e deputados como representantes do pobo galego.
Prezo: 25€/persoa
Prazas limitadas. Apúntate, antes do 23 de novembro, no Espazo +60.