Excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira, Espazo +60 Viveiro

O Espazo +60 Afundación de Viveiro organiza unha excursión a San Andrés de Teixido, centro de peregrinación máis importante de Galicia despois de Santiago de Compostela. Unha capela dedicada ao Apóstolo San Andrés nun agreste paisaxe de acantilado. Despois visitarán Cedeira que destaca polos impresionantes acantilados de Vixía de Herbeira, os máis altos da Europa continental.
Prezo: 30€/persoa (inclúe traslado e xantar en Cedeira)
Apúntate no Espazo +60 antes do 10 de setembro.