O Espazo + 60 de Monforte de Lemos, dentro da súa programación de lecer activo, participará na misa rociera que se celebrará na catedral de Mondoñedo convidado pola Asociación SOMOS Unidos polo Cancro para celebrar o seu décimo aniversario.
Esta asociación dedícase a axudar a todos os pacientes oncohematolóxicos e os seus familiares da Provincia de Lugo.
A misa será ás 17.00 horas e a coral que acompañará a eucaristía será a coral Savia e Compás.
A continuación, haberá unha actuación no auditorio municipal e un viño español.
Actividade gratuíta. Inscríbete antes do 8 de novembro en Espazo +60.