Excursión a Coruña, Espazo +60 Ourense

O Espazo +60 Afundación de Ourense organiza unha excursión a Coruña para participar nunha visita guiada pola cidade vella para coñecer a historia da cidade ademáis de disfrutar escoitando mil anécdotas e paseando polas rúas da cidade vella.
Despois achegaranse á sede de Afundación para visitar a exposición AI: More than human. A mostra realiza un percorrido completo a través da historia da Intelixencia Artificial, desde as súas ancestrais orixes ancoradas na relixión sintoísta xaponesa ou no mito xudeu do Golem, pasando polos primeiros experimentos informáticos de Ada Lovelace e Charles Babbage, ou os importantes avances realizados durante a década de 1940 e ata a actualidade. Para iso, AI: More than Human reúne algúns dos proxectos de investigación actuais máis destacados, realizados por institucións como o Massachussets Institute of Technology (MIT), Sony Computer Science Laboratories, Google Research, o Departamento de Informática de Imperial College de Londres ou DeepMind Technologies, con instalacións artísticas que exploran as posibilidades creativas da IA nas súas obras, como o músico Kode9, ou o galardoado artista tecnolóxico Yoichi Ochiai entre outros.
Prezo: 20€/persoa. Prazas limitadas. Apúntate no Espazo +60, entre o 2 e o 17 de xaneiro.