Monólogo de Elisardo de la Cruz sobre depresión e suicidio co ciclo EDUCACIÓN S. XXI, en Ferrol
Despois do éxito absoluto da última conferencia sobre saúde mental e suicidio en Compostela o pasado Nadal, chega agora un novo encontro para afrontar e seguir a visibilizar a problemática. Desta volta, da man da compañía Empatía Teatro e co actor Elisardo de la Cruz, presentamos un novo formato divulgativo a través das artes escénicas, o monólogo. Esas cousas marabillosas é o título e achéganos un espazo onde escolares de ESO e bacharelato poderán comprender, empatizar e ter máis información sobre problemas tan importantes como as autolesións, a depresión ou o suicidio, temas que están a avanzar entre a poboación adolescente. O 4 de abril na Sede Afundación de Ferrol.
Dirixido a ESO e bacharelato
FERROL | 4 ABR | 10.15 e 12.30 h (Dúas sesións)
Título | Esas cousas marabillosas
Compañía | Empatía teatro
Monologuista | Elisardo de la Cruz
Duración | 65 minutos
É unha peza participativa, tenra, emocionante e divertida. Esa comedia necesaria sobre saúde mental para reflexionar, empatizar e normalizar, axudando a abrir a mente e a falar con claridade.
Desde o mesmo intre en que o alumnado atravesa a porta do auditorio, xa está comezando o espectáculo sen o saber. Elisardo de la Cruz recibe e dá a benvida ao alumnado, entregándolle o papel que el vai xogar sobre o escenario. A medida que o monólogo avanza, moitas e moitos xa teñen unha "cousa marabillosa" nas mans desde o comezo.
Sede Afundación Ferrol
areaeducativaferrol@afundacion.org
981 330 280
Sede Afundación Pontevedra
areaeducativapontevedra@afundacion.org
986 100 404