Adestramento en suspensión, Espazo +60 Viveiro
O Espazo +60 Afundación de Viveiro pon en marcha esta nova actividade en colaboración co concello. Trátase dun adestramento funcional que se realiza co propio peso do corpo e ten múltiples beneficios: mellora a flexibilidade e contribúe a unha mellor amplitude de movemento nas articulacións, reduce a lumbalxia, reduce a graxa, exercita os brazos, pernas, costas peito.
Prezo: 35€ Apúntate no Espazo +60 antes do 29 de febreiro.