Encontro de palilleiras e multilabores en Lugo, Espazo +60 Monforte

O Espazo +60 Afundación de Monforte de Lemos organiza, en colaboración coa Asociación de Palilleiras da Ribeira Sacra, a Asociación Palilleiras Camiño de Santiago de Sarria e a Asociación Agulla Mágica de Lugo, unha excursión a Lugo para as participantes no obradoiro de encaixe de palillos, coa finalidade de asistir á Xuntanza de Palilleiras e Multilabores que se realizará na praza de Abastos.
Palillar é unha ocasión única para intercambiar e actualizar coñecementos arredor dunha actividade que está experimentando unha transformación impulsada polo mundo da moda, o deseño e a decoración.
Esta actividade, que se enmarca dentro do proxecto de lecer activo de Afundación, ten como obxectivo estreitar lazos entre distintos grupos de palilleiras da zona, as socias participantes do obradoiro de encaixe de palillos do Espazo+60 e as integrantes da Asociación de Palilleiras da Ribeira Sacra, así como pasar un día gozando dunha afección común.
Apúntate no Espazo +60 antes do 19 de maio.