En ruta polos mosteiros, Espazo +60 Ferrol
O Espazo +60 Afundación de Ferrol organiza unha ruta polos mosteiros de Lugo, o vindeiro 28 de febreiro para os participantes nas clases de rutas históricas. Pola mañá, visita guiada á torre de San Paio de Narla, fortificación medieval situada na localidade de Friol. Esta edificación está considerada desde o ano 1949 como un Ben de Interese Cultural dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España. Xantarán no restaurante Real Sobrado e pola tarde visitarán o mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.
Prezo: 20€ (inclúe autobús e xantar) Apúntate no Espazo +60 o 20 de febreiro a partir das 9.00 horas