• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Conferencia inVISIBLES con Emma Larreta, en Pontevedra

Cultura Xornadas e conferencias Xeral Escolares Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Conferencia inVISIBLES con Emma Larreta, en Pontevedra
  • 25-03-2025 25-03-2025 Conferencia inVISIBLES con Emma Larreta, en Pontevedra Desde o ciclo Educación s. XXI presentamos un novo encontro para tratar o tema da violencia machista desde unha experiencia persoal, enfocando na necesidade de aprender, respectar e empoderarse para a vida Sede Afundación Pontevedra Augusto González Besada, 2. Pontevedra (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Pontevedra

    Augusto González Besada, 2. Pontevedra (Pontevedra)

  • Datas:

    25 MAR 2025

  • Horario:

    11.00 h (estudantado)

    19.00 h (público xeral)

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

O vindeiro 25 de marzo na Sede Afundación Pontevedra, desde o ciclo EDUCACIÓN S. XXI de Afundación, traemos a conferencia «Violencias inVISIBLES» con EMMA LARRETA, que tamén dá nome ao proxecto que lidera e co que acaba de ser galardoada co Premio Solidario ONCE 2024. Emma construíu este traballo para concienciar a sociedade, e concretamente as xeracións máis novas, a través da súa experiencia como supervivente dunha agresión machista que lle deixou secuelas físicas permanentes. Transforma o seu testemuño nunha potente mensaxe de concienciación, resiliencia e superación. A través da súa historia e da proxección do documental Ama-das, a conferencia busca xerar un espazo de reflexión e toma de conciencia contra a violencia machista nas súas distintas formas.

 

Encontro para todos os públicos, especialmente indicado para adolescentes, docencia e familias.

 

PONTEVEDRA

11.00 h | Alumnado | Inscrición gratuíta AQUÍ
19.00 h | Público xeral | Inscrición gratuíta AQUÍ
 
Tamén está o 26 de marzo na Sede Afundación Ferrol
 
11.00 h | Alumnado | Inscrición gratuíta AQUÍ
19.00 h | Público xeral | Inscrición gratuíta AQUÍ 
 
Duración | 2 horas

 

Esta conferencia enmárcase dentro do programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos. Convidamos todas as persoas que asistan a este evento a traeren unha doazón de produtos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do recinto, destinados ao banco de alimentos local. Grazas!

 

O proxecto inVISIBLES é unha iniciativa visceral e innovadora coa que Emma Larreta quere compartir a súa traxectoria na creación de espazos para a reflexión, a superación e a posta en valor do crecemento persoal e a educación en valores. O proxecto divídese en dúas áreas principais: institucións educativas e contornas corporativas. A través de inVISIBLES, ofrece poderosas charlas e obradoiros deseñados para fomentar a resiliencia, mellorar as relacións interpersoais e fortalecer o benestar comunitario.

 

O núcleo do proxecto inVISIBLES é profundamente persoal e está arraigado nas experiencias de vida de Emma. Despois de enfrontar un evento que cambiou a súa vida, Emma emerxeu cun fondo sentido de gratitude e un desexo de retribuír a comunidade. Este sentido de propósito é a forza motriz detrás de inVISIBLES, onde Emma canaliza a súa enerxía para axudar outras persoas a navegaren os seus propios desafíos. A súa capacidade de conectar coas persoas é un privilexio e o seu traballo é unha testemuña do poder da narración e o impacto que pode ter en individuos e comunidades.

 

A través de compartir as súas propias experiencias de vida, Emma axuda o estudantado a reflexionar sobre os seus desafíos persoais, fomentando unha mentalidade de resiliencia e crecemento persoal. O programa traballa o desenvolvemento de valores compartidos coma o respecto, a empatía e a cooperación entre a comunidade estudantil e enfatiza a importancia de manter unha perspectiva positiva, explicando que o poder da actitude, mesmo fronte á adversidade, é crucial para avanzar e empoderarse.

 

Máis sobre Emma na súa web www.emmalarreta.es

 

CICLO EDUCACIÓN S. XXI

Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre Educación a toda a comunidade escolar, desde as familias ao propio estudantado e, por suposto, ao equipo docente. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios nas distintas cidades galegas, ofrecendo o seu enfoque profesional para apoiar a educación desde a casa e desde a escola.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078