DIÁLOGOS CON PEPE SOLLA. Achegándonos a... CARMEN QUINTEIRO. AfundaciónTV

O próximo 11 de novembro, xunto a Pepe Solla, teremos á docente e escritora Carmen Quinteiro para falarnos da situación da Educación nestes tempos, a súa importancia, cambios, clases presenciais ou online. Un encontro duns 60 min no que ademais se sortearán dous menús degustación para dúas persoas en Casa Solla. A primeira persoa que chame durante o transcurso do directo será a gañadora. O teléfono facilitarase durante o diálogo.
CARMEN QUINTEIRO
A docente, nomeada este ano aos Premios ABANCA, é ademais escritora. Publicou diversos libros e colaborou en revistas e outras publicacións, participando tamén de forma activa en proxectos creativos desde música a teatro:
Libros
Caleidoscopio (2015)
Desde esta Orilla (2016)
Bajo la lluvia no pesan las historias (2019)
Colaboracións
Amarrar el sol (2012) antoloxía de literatura breve, cun relato titulado “Carta de amor” publicado por La Escuela de Escritores (Madrid)
Cuentos para el andén. Grupo Andén comunicación (2012) con microrrelatos
Revista literaria Zoque (2015) con microrrelatos
Lecturafilia ( 2017) con microrrelatos e poemas
Proxectos teatrais
En corto y algo más (2014)
Alfredo por mil (2014)
Proxectos de performance poética
Verbas de Muller (2014)
Nómades (Pontevedra 2016)
Un mar máis alto ca o ceo (Bueu 2016)
Enredadas (Festival Internacional Kerouac - Vigo 2017)
Entreverbas: Salvaterra do Miño (2017)
Proxectos musicais
Coautora de letras de cancións para o proxecto musical de Gustavo Almeida titulado Vértice (2019)
Proxectos audiovisuais
"Clarena" curtametraxe de Pilar Picas (2015)
Webserie "La última piedra" de Adrián González e Tamara Andrés (2017)
"Tacto y olvido" curtametraxe de Pilar Picas (2017)
Proxectos na radio
Desde 2017 codirixe e presenta canda Susana Pedreira unha sección semanal en Ondacero Radio co título “Viernes de cuento”