Espectáculo infantil CABICIVAI, en Ferrol

Co gallo do Día da Infancia, desde Afundación convidámoste a participares dunha serie de espectáculos infantís para toda a familia. Terán lugar os días 18 e 19 de novembro, repartidos polos nosos diferentes espazos nas principais cidades galegas.
Para asistir á actividade, deberás coller en Ataquilla.com o teu convite de balde e colaborares coa nosa iniciativa solidaria Cultura por Alimentos ao asistires ao espectáculo, doando algúns alimentos non perecedoiros. Máis información embaixo.
CABICIVAI
Sede Afundación FERROL | 18 NOV | 17.30 h
Un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa!!
Pablísimo é unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia.
Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos, mesturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. E ten participado en diferentes mostras e festivais.O novo espectáculo de Pablísimo para o público infantil e familiar. Cabicivai é o seu novo espectáculo.
AXENDA
Sede Afundación VIGO | ¡ESTO ES ROCK! | 18 NOV | 12.00 h - CONVITES
Sede Afundación PONTEVEDRA | ¡ESTO ES ROCK! | 18 NOV | 18.00 h - CONVITES
Sede Afundación LUGO | A VIAXE FELIZ DE RAMÓN SANFIZ | 18 NOV | 12.00 h - CONVITES
Sede Afundación COMPOSTELA | ESTRAFALARIA | 18 NOV | 12.00 h - CONVITES
Sede Afundación OURENSE | CADERNO DE CORES E CANCIÓNS | 18 NOV | 12.00 h - CONVITES
Sede Afundación A CORUÑA | ¡ESTO ES ROCK! | 19 NOV | 12.00 h - CONVITES
CULTURA POR ALIMENTOS
Coñeces o noso programa solidario? Accede a toda a información desde a nosa web para saber de todas as actividades culturais que podes realizar nos nosos recintos por un intercambio de alimentos non perecedoiros, destinados aos bancos de alimentos locais. Estas actividades polo Día da Infancia forman parte da iniciativa, polo que deberás deixar a túa doazón á entrada da Sede Afundación, no punto habilitado, cando accedas ao espectáculo. Grazas!
A ilusión compartida que nos move! Máis información
En colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos.