Demostración taller de sevillanas, Espazo +60 Monforte

O Espazo +60 Afundación de Monforte organiza un curso de iniciación ao baile por sevillanas para aprender as nocións básicas. As sevillanas son o baile rexional máis bailado en España e o estranxeiro.
O verdadeiro segredo para aprender será ilusión, constancia e paciencia. A importancia reside nun proceso de traballo distendido e vital. Trátase de perder o medo a expresarse co corpo e atopar o pracer de moverse e a satisfacción que produce a coordinación coa música.
Trátase cunha actividade con exercicio moi san e completo para o equilibrio entre o corpo e a mente.
Actividade gratuíta.