Concertos DO SILENCIO Á EMOCIÓN III. Camerata Arven, en Pontevedra
Do silencio á emoción é un ciclo de concertos en colaboración coa Camerata Arven que convida a escoitar a música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo resumirase a historia das obras de concerto, facilitando a escoita, permitindo a participación do público e o seu achegamento á orquestra. Pásare pola Sede Afundación Pontevedra o 25 de abril.
Dentro do programa Cultura por Alimentos, convidámoste a colaborares cunha doazón de alimentos non perecedoiros ao asistir aos concertos, e así axudar os Bancos de alimentos locais.
En colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos.
Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com.
Prezo único: 10 €
PROGRAMA
Franz Schubert Octeto en Fa maior, D. 803
Regresando ao repertorio romántico, o octeto en Fa maior é unha obra mestra da música de cámara escrita por F. Schubert en 1824. Este octeto destaca pola súa magnífica combinación de instrumentos de vento e corda, creando unha sonoridade rica e equilibrada.
Composto para clarinete, fagote, corno, dous violíns, viola, violonchelo e contrabaixo, o octeto denota a influencia da música de Beethoven, mais tamén presenta o distintivo do propio Schubert.
A obra consta de seis movementos, un formato inusual para a música de cámara da época. É admirado pola súa mestura formal e a súa riqueza melódica e tímbrica.
O seu atractivo perdura na actualidade, sendo unha peza destacada dentro do repertorio da música de cámara.
Duración: 60 minutos
Idades: a partir de 7 anos
Adagio – allegro – piu allegro
Adagio
Allegro vivace- trío – allegro vivace
Andante – variaciones. Un poco piu mosso – piu lento
Menuetto. Allegretto – trío – menuetto- coda
Andante molto – allegro – andante molto – allegro molto