De ruta polos mosteiros: visita aos mosteiros de Carboeiro e Oseira, Espazo +60 Ferrol
![De ruta polos mosteiros: visita aos mosteiros de Carboeiro e Oseira, Espazo +60 Ferrol De ruta polos mosteiros: visita aos mosteiros de Carboeiro e Oseira, Espazo +60 Ferrol](https://www.afundacion.org/images/cesionsalas/89150/monasterio_oseira__narrow.jpg)
Os participantes nos grupos de rutas históricas e naturais do Espazo +60 Afundación de Ferrol achegaranse ata Silleda para visitar o mosteiro de Carboeiro, antigo mosteiro beneditino situado nas beiras do río Deza. A igrexa é unha das obras arquitectónicas de estilo románico máis destacadas de Galicia. Pararán para xantar no Carballiño e seguirán cara ao sur para, pola tarde, visitar o mosteiro de Oseira.
Prezo: 40€ (inclúe bus, entrada a ambos os mosteiros e xantar no Carballiño) A venta de billetes será o mércores 10 de abril a partir das 9.30 horas na sede de Ferrol ata completar as 70 prazas.