• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Curso de arte: A arte románica nas vilas e cidades de Castela e León, impartido por Javier Ocaña, en Vigo

Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Curso de arte: A arte románica nas vilas e cidades de Castela e León, impartido por Javier Ocaña, en Vigo
  • 19-11-2014 27-05-2015 Curso de arte: A arte románica nas vilas e cidades de Castela e León, impartido por Javier Ocaña, en Vigo Os mércores do 19 de novembro de 2014 ao 27 de maio de 2015 no Centro Cultural en Vigo Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

Mercar

A arte románica naceu das mans de homes expertos que construían edificios eclesiásticos, cobraban por iso e se movían cos seus modelos arquitectónicos e escultóricos por toda a xeografía europea. Foi un modus vivendi moi estendido nos séculos XI e XII, pero fundamentalmente arrancou da necesidade da alma dos cristiáns que oraban nesas igrexas e da fe que puxo en movemento a formación dunha das máis interesantes facetas artísticas da humanidade.

Así, a arte románica pasou a ser un conxunto que representaba a unión da fe e as súas consecuencias na historia da arte. Iso pódese comprobar no Camiño de Santiago, que o percorrían os peregrinos por fe, cos pés, mais que o construían os canteiros, escultores e albaneis coas mans, á vez que os mestres de obras cos planos baixo o brazo. Produciuse, tamén, como consecuencia da esixencia dunha poboación ávida de recintos relixiosos onde celebrar os ritos do culto cristián e proporcionar un digno habitáculo á función litúrxica nunha demografía explosiva a partir do ano 1000.

Neste curso que programamos ímonos ocupar deses edificios que se desenvolveron nas vilas e cidades de Castela e León, prescindindo do mundo rural, que fomos analizando noutras ocasións.

 

Programa

- Introdución: 1. Artes anteriores á arte románica. 2. Etapas da arte románica

- Soria: 1. San Juan de la Rabanera. 2. Claustro de San Pedro. 3. San Juan de Duero. 4. Fachada de Santo Domingo

- Ávila: 1. A muralla. 2. San Andrés. 3. San Pedro. 4. San Vicente

- Benavente: 1. Santa María del Azogue. 2. San Juan del Mercado

- Toro: 1. Colexiata de Santa María la Mayor

- Zamora: 1. Apuntamentos históricos. 2. Santiago el Viejo. 3. San Claudio de Olivares. 4. Santa María de Horta. 5. Santo Tomé. 6. Santa María de Portanova. 7. Santiago del Burgo. 8. San Cipriano. 9. Santa María la Nueva. 10. Santa María Magdalena. 11. San Isidoro. 12. A Catedral

- Salamanca: 1. A Catedral Vella. 2. Outros monumentos urbanos

- León: 1. Colexiata de San Isidoro. 2. Outros monumentos urbanos. 3. Carrión de los Condes. 4. Igrexa de Santiago. 5. Igrexa de Santa María

- Frómista: 1. Igrexa de San Martín

- Segovia: 1. A cidade nos seus monumentos. 2. San Millán. 3. San Juan de los caballeros

 

Datas: Mércores, do 19 de novembro de 2014 ao 27 de maio de 2015

Horario: 19.00 a 20.00 h

Prezo: 100 €

Prazas: 125

Docente: Javier Ocaña, historiador

Inscrición en Servinova

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078