• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Curso "Coñecendo as emocións", Espazo +60 A Coruña

Envellecemento activo Séniors De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Curso
  • 03-10-2022 19-12-2022 Curso "Coñecendo as emocións", Espazo +60 A Coruña Coñecerás e comprenderás o proceso emocional e adquirirás habilidades e estratexias sobre como xestionar as emocións na túa vida cotiá para mellorar o teu benestar Espazo +60 A Coruña Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Espazo +60 A Coruña

    Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    Do 3 de outubro ao 19 de decembro de 2022

  • Horario:

    Luns, de 17.00 a 19.00 horas

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Apúntate

Se che interesa coñecer e comprender o proceso emocional e adquirir habilidades e estratexias sobre como xestionar as emocións na nosa vida cotiá para mellorar o noso benestar, este taller é para ti.

Sabemos que debemos coidar do noso corpo e o seu funcionamento biolóxico, aprendendo estilos de vida saudables. Porén, non temos tan interiorizado o feito de prestar a mesma atención a coñecer como funciona a nosa mente ou sobre como aumentar o noso benestar emocional.

As emocións son parte da nosa vida e axúdannos a transitar polas diferentes etapas vitais. A esfera emocional é clave para a nosa saúde e benestar, por iso o fin deste taller é coñecer e tomar conciencia das nosas emocións e aprender estratexias sobre como xestionalas na nosa vida cotiá. Nisto, coma en todo, non hai receitas máxicas, pero existen estratexias ou formas eficaces para mellorar o benestar emocional.

Este é un programa realizado coa colaboración de Matía Instituto, que foi co-deseñado coa participación de persoas maiores que nos ofreceron os seus coñecementos e experiencias, tanto na fase de deseño coma na reformulación posterior á implementación do mesmo nunha fase piloto.

Coñecendo as miñas emocións non ten un obxectivo terapéutico. Os participantes vanse atopar cun curso en que proporcionaremos tanto unha base de coñecemento sobre este ámbito, como estratexias para axudar a levar os contidos das sesións á vida cotiá. E todo iso de maneira áxil e amena co apoio de múltiples actividades e materiais audiovisuais.

CONTIDOS:

 

1. Conciencia emocional - Entendendo o que me pasa

Nesta primeira sesión comezaremos a adentrarnos no mundo das emocións: que son, por que son importantes na nosa vida e, sobre todo, que podemos facer para fomentar a conciencia propia sobre o noso estado emocional e coñecer a relación entre as emocións, o pensamento e o comportamento.

2. Conciencia emocional - De onde veñen as emocións

Nesta segunda sesión continuaremos aprendendo sobre as emocións, a súa relación co entorno e os nosos comportamentos ou reaccións. Tamén traballaremos o vocabulario emocional e entenderemos a importancia que teñen as emocións na nosa vida cotiá.

3. Comprensión emocional – Enténdome, logo existo

Nesta terceira sesión traballaremos a comprensión emocional, que implica entender as emocións que experimentamos e o seu significado e como adoitamos reaccionar ou emocionarnos ante determinadas situacións ou estímulos. Para regular as emocións, o paso previo necesario é identificalas e comprendelas, ser quen de percibilas e entender cada emoción que sentimos, para o que é importante pór nome ás emocións cunha etiqueta verbal, comprender que as xerou e que efectos producen. A autoconciencia emocional alcánzase cando nos decatamos da maneira en que as emocións afectan ao que percibimos, o que pensamos, o que facemos e as decisións que tomamos.

4. Comprensión emocional – Os/as demais tamén se emocionan

Nesta cuarta sesión imos traballar a comprensión emocional desde un punto de vista interpersoal. Con isto, preténdese axudar aos/ás participantes a entender os puntos de vista dos/as demais e comprender as súas emocións e os seus motivos, así como as súas reaccións. Isto é importante porque as emocións que experimentamos suceden en moitas ocasións en relación con outras persoas.

5. Expresión emocional - Dicir ou non dicir, esa é a cuestión

Nesta quinta sesión imos traballar a expresión das emocións. Coñeceremos que formas innatas existen de comunicación emocional e como tomar un maior control sobre elas. Así mesmo, reflexionaremos sobre a expresión das emocións e aprenderemos como manifestar de maneira máis sinxela e acertada os nosos sentimentos e as necesidades asociadas a elas.

6. Regulación ou xestión emocional - (Re)aprendendo, que é xerundio

Nesta sexta sesión imos traballar sobre a habilidade para mellorar a expresión e/ou experiencia das emocións. Traballaremos tanto formas para regular a intensidade das emocións como a valoración que facemos das situacións que as provocan. Aínda que polo xeral tendemos a procurar maneiras de regular as emocións no día a día, nesta sesión preténdese identificar e utilizar aquelas ferramentas máis efectivas para cada persoa.

7. Unha de emocións positivas... Marchando!

Nesta sétima sesión mostraremos estratexias e ferramentas para axudar as persoas a potenciar as emocións positivas. Cando falamos de emocións positivas, referímonos ao modo en que experimentamos e valoramos as emocións. Recorda que non hai emocións mellores que outras, só que algunhas nos resultan máis gratas de experimentar. Na maioría das ocasións, o exercicio físico, a arte ou o cultivo de afeccións favorecen a experimentación de emocións positivas e estas, á súa vez, permiten regular o estado emocional.

8. Contrarrestando emocións negativas - Menos é máis

Nesta oitava sesión proporcionaremos estratexias e ferramentas para regular as emocións cando estas se valoran como negativas ou desagradables. Neste sentido, coñecer e utilizar as ditas estratexias permitiranos transformar os estados emocionais negativos derivados de situacións ou estímulos concretos.

9. Contrarrestando emocións negativas - Descrenchando o rizo

Nesta novena sesión proporcionaremos estratexias e ferramentas para axudar a regular as emocións complexas cando estas se valoran como negativas ou desagradables. Neste sentido, a disposición e utilización das ditas estratexias permitirán transformar estados emocionais complexos de carácter desagradable derivados de situacións ou estímulos concretos.

10. Con máis ferramentas na miña mochila

Nesta sesión trataremos algunhas calidades que poden axudarnos a aumentar o noso benestar, como o optimismo ou a resiliencia.

11. Ferramentas que nos manteñen unidos

Nesta sesión trataremos algunhas calidades que nos poden axudar a aumentar o benestar, como o sentido do humor, a asertividade ou a empatía.

12. Porque eu o vallo

Nesta sesión remataremos o programa lembrando o valor dun/dunha mesmo/a e a importancia dos proxectos vitais. Concretamente, preténdemos fomentar a autorreflexión positiva sobre nosoutros/as mesmos/as, identificando as nosos aprendizaxes e fortalezas, establecendo formas de autocoidado, así como elaborando proxectos e obxectivos vitais propios.

PREZO SOCIO ABANCA : 40 € PREZO SOCIO: 48 €

DURACIÓN: 24 horas

¡APÚNTATE!

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078