Curso cociña: México na túa mesa. Vigo
Os mércores do 31 de xaneiro ao 21 de febreiro a Aula de Cociña da Sede Afundación de Vigo continúa a súa programación de Obradoiros de cociña con México na túa mesa, un curso para aprender e gozar da cociña mexicana a partir de saborosas receitas.
Guiados por La cocina de Monse, iniciámonos na cociña mexicana coñecendo e elaborando os seus pratos máis recoñecidos. Este curso estrutúrase en catro clases de dúas horas cada unha.
- Tortillas tex-mex
- Nachos con carne gratinados
- Tacos ao pastor
- Ensalada de polbo con frijoles
- Enchiladas de polo
- Costelas á mexicana
- Fajitas de porco con eiruga
- Brownie con aroma de caiena
Trae un tupper e leva a proba dos teus pratos para a casa!
MATRÍCULA: 80 € (+ gastos xestión)